O Nadal é época de parón nas competicións ligueiras para os nosos equipos. Por iso, hoxe anunciamos un encontro especial, no que o noso sénior se medirá ao Portonovo S.D. o vindeiro venres 29, ás 21:00 no Buelo.

Este encontro servirá para contribuir con Cáritas, a través da colaboración con alimentos imperecedoiros, polo que o prezo simbólico da entrada ao campo vai a ser aportar 1 kg de alimentos. Ademais, coa entrada, entraredes no sorteo de diversos agasallos do noso club.

Dende o Moraña CF, pedimos a vosa colaboración para esta causa. Grazas a tod@s de antemán!

Compárteo!

Deixa un Comentario