Este sábado a sección de Veteranos do Moraña C.F. recibe no campo do Buelo a un histórico da categoría, o Albariño. Os morañeses, que veñen de dúas victorias consecutivas, van tentar loitar por sacar os puntos que lles permitan manterse nos postos máis nobles da clasificación.

Para este encontro, seguimos con moitas baixas, e parece que os mandos do equipo, ante a ausencia de Germán Rúa, van estar nas mans doutro veterano estratega: Pedro Porto.

O encontro comezará ás 18:00, estando os xogadores convocados no campo de O Buelo ás 17:25 horas.

Moito ánimo e sorte!!

Compárteo!

Deixa un Comentario