Como soe pasar en todos os aspectos da vida, os más maiores sempre son os máis madrugadores. É por esto que a sección do equipo Veterano do Moraña C.F. vai ser a primeira en entrar a competir nesta nova tempada 2015-2016.

O equipo dirixido un ano máis polo Morañés Germán Rúa, loitará dende este sábado ás 17:00 horas por voltar á Primeira Categoría do Fútbol Veterano de Pontevedra que abandonou o ano pasado. O primeiro rival a batir será o Noalla, que visita o Buelo.

Os veteranos arrancan con moita ilusión esta nova tempada, con reforzos que ilusionan e que se unen á nómina de xogadores que xa formaban parte do equipo. Moita sorte e a dalo todo para voltar á Primeira.

A convocatoria para este partido é ás 16:25 no Campo de O Buelo. O encontro comezará ás 17:00.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario