Este sábado, a sección Alevín do Moraña F.C. venceu no campo de O Buelo ao San Martín na primeira xornada da Liga Alevín de Fútbol 11. Foi un partido de poder a poder entre os pupilos de Juan e o equipo vilagarcían, pero tras un duro encontro, os puntos quedaron en Moraña.

Os nosos adiantáronse pronto, no minuto 4 cando Domi gañaba o rexeite e marcaba tras unha gran xogada colectiva por parte de todo o equipo. Álex fixo o 2-0 cando se chegaba ao primeiro cuarto de hora, tras unha boa asistencia de Domi. Este marcador, en lugar de dar tranquilidade ao equipo, fixo que o San Martín reaccionara, sendo quen de empatar a douses antes do do descanso, nos minutos 17 e 19.

Co empate a douses e a incertidumbre de quen se ía a levar os puntos, tivemos que agardar ata o minuto 39 para que Álex certificara o seu doblete tras asistencia de Mateo e finalmente cun gran gol de Amestoy de falta directa no minuto 62 pechaba o marcador final, catro a dous.B

Bo debut deste equipo, que comeza vencendo aínda que non convencendo de todo. Detalles por pulir e automatismos que ir mellorando para ir medrando nesta liga alevín que se promete apaixoante.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 4 – 2 San Martín

Xogaron polo Moraña: Óscar, Alejandro, Anxo, Amestoy, Dani, Sergio, Dominic, André, Lucas, Mouriño, Mateo, Damián e Rubén.

Goles: 1-0 Domi (minuto 4); 2-0 Álex (minuto 15); 2-1 (minuto 17); 2-2 (minuto 19); 3-2 Álex (minuto 39); 4-2 Amestoy (minuto 62)

Compárteo!

Deixa un Comentario