A Categoría Alevín do Moraña C.F. foi invitado pola E.F. Villa de Marín a participar no I Torneo Tucho de la Torre que organiza este Clube e ao que lle agradecemos profundamente a invitación

Este Torneo, que se xogará en formato de Fútbol 8, contará coa presenza de clubes con tanto prestixio e historia coma o Real Clube Celta de Vigo, Alondras, Choco, Pontevedra… e terá lugar o vindeiro Domingo 6 de Decembro no Campo Municipal de San Pedro (Marín).

Agardamos que os nosos xogadores desfruten desta experiencia ao máximo e que compitan o mellor posible neste torneo tan prestixioso.

No seguinte enlace deixamos as bases do Torneo, con horarios, onde aparcar, onde comer, horarios: I Torneo Tucho de la Torre Alevín

Moita sorte, ánimo e a dalo todo!

Compárteo!

Deixa un Comentario