Outra tarde aciaga para o Moraña Veteranos, que volve as andadas cos problemas de plantilla e lesións. Na tarde de hoxe ademáis das baixas, varios xogadores viaxaban con molestias e outros acabaron o encontro mermados.

Trala victoria a semana pasada ante o Soho, os morañeses ían a tentar refrendar a melloría, pero foi imposible. O equipo comezou cunha gran «torrija» na parte defensiva, con contínuas imprecisións que aproveitaron os locais para xerar perigo dende o primeiro minuto. No 5 facían o primeiro, á saída dun córner que Juan tentando despexar, deixa o balón morto para que o dianteiro marque. O segundo non tardou moito en chegar, nun balón á espalda da defensa que finaliza ben o extremo dereito rival no man a man con Rafa.

Ademáis da mala nova deste gol, Juan tiña que saír do campo lesionado e non volvería a reincorporarse. Ventura entrou no seu lugar.

Tiveron máis ocasións os locais antes do descanso, pero non aumentaron a conta nestes primeiros 45 minutos. Tiveron opcións Iago e Eloy de acurtar as diferenzas en dous balóns largos, pero o meta do Verduxo fixo dúas grandes paradas.

Na segunda metade, coa baixa de Ernesto, entrou Velay que aguantou pouco tempo sen molestias e xogou mermado todo o encontro. Así mesmo, tanto Fuentes como Celso se resentiron das súas lesións, o que facía que con 11 xustos, o Moraña só tivera 8 xogadores en condicións no campo. Malia todo, os dous goles que o Verduxo meteu na segunda parte, viñeron de dous regalos dos Veteranos morañeses, que en malas decisións plantaron ao dianteiro rival só ante o porteiro sen opcións para facer nada.

Poucas conclusións que quitar deste encontro, que agardemos peche esta serie de partidos no que as baixas e as lesións merman ao equipo. A ver se os nosos «abuelos» son quen de pechar o 2015 cunha victoria a vindeira semana, e o 2016 nos trae o que todo o mundo desexa: saúde.

FICHA TÉCNICA

O Verduxo 4 – 0 Veteranos

Moraña C.F.: Rafa. David, Yeyo, Juan, Fuentes, Ernesto Casal, Óscar Barros, Celso, Eloy, Santiño, Iago, Ventura e Velay.

Compárteo!

Deixa un Comentario