As nosas rapazas veñen de rematar a súa primeira tempada oficial cun extraordinario 3º posto na clasificación, un logro impresionante para un grupo que non deixou de crecer e demostrar o seu compromiso xornada tras xornada.
Un equipo con garra e ambición
Desde o primeiro partido, as nosas xogadoras amosaron ilusión e un gran espírito competitivo, converténdose nun equipo sólido e unido. A tempada estivo chea de partidos intensos, grandes vitorias e momentos inesquecibles que deixaron claro que o futuro do fútbol feminino no noso club é moi prometedor.
Novo reto: a Fase Prata
A tempada non remata aquí! Esta fin de semana comezan a disputar a Fase Prata, unha oportunidade máis para seguir competindo e loitando polos obxectivos do equipo. E o primeiro rival será o Cuntis, un novo derbi que promete emoción e espectáculo.
- Partido: Atlético Cuntis VS. Moraña C.F.
- Campo: A Ran
- Hora: 18:00
Animamos a tódolos seguidores e seguidoras do Moraña C.F. a achegarse ao campo para apoiar ás nosas xogadoras. O voso alento foi clave durante toda a tempada, e agora máis que nunca necesitamos ese último empurrón para seguir soñando!
Imos Moraña! Seguimos loitando!