Ás 18:18 do día 18(+10), anunciamos a volta do «noso» 18. Tras estar durante varias tempadas alonxado dos terreos de xogo, e despois do seu breve e exitoso paso polos veteranos fai uns meses, anunciamos a volta de Celso ao sénior!

Tras unha breve e rápida posta a punto neste parón de Nadal, chega para aportar veteranía nun conxunto moi novo, de cara a unha segunda volta onde debemos certificar a permanencia para dar continuidade ao proxecto a vindeira tempada.

El insinuou un #regresinho que estamos encantados de anunciarvos. Benvido de novo, esta será sempre a túa casa!

Compárteo!

Deixa un Comentario