Fernando Vázquez, destituido por sus críticas

Nas fotos Fernando Vázquez e o Dr. Cota.


O  conxunto da terra do carneiro,  enfrontarase en partido amigable ao Illa Toralla capitaneado por o escurridizo de banda esquerda Carlos Reboredo. Segundo noticias que nos chegan de Vigo, son baixas de última hora os madridistas Chendo e Sanchis, por diversos motivos, pola contra os vigueses non se dormen e incorporan ao gardameta Cota (Xefe dos servizos médicos do Celta e Selección Española) e ao medio centro Fernándo Vázquez, actualmente adestrador do R.C. Deportivo da Coruña. Ao parecer e debido a que nas confrontacións anteriores sempre saleu  vencedor o equipo morañés e segundo negociacións de última hora entre ambos os dous clubs, o mandatario vigués Carlos Reboredo consegue para este encontro é de forma puntual a cesión dos xogadores morañeses  Rafa Saez e Jorge Otero. Por outra banda e como xa é habitual o colexiado do encontro tamen será designado por os vigueses, en definitiva o mandatario Dr. Reboredo aparte de ter unhas cualidades excelentes no terreo de xogo,  tamen ten o privilexio de ser un gran negociador nos despachos. O partido disputarase no  campo do Coruxo ás 20:00 horas, os morañeses teña prevista a saida dende a Cafetería  Xolda  ás 18:30, estándo citados todos os xogadores nas mesmas instalacións do Coruxo ás 19:30, o encontro iniciase as 20:00 horas 

Compárteo!

Deixa un Comentario