Dos contratempos e os problemas xorde a maior fortaleza. O Moraña estaba practicamente desafiuzado a principios de xullo. Sen directiva, cos xogadores e técnicos e vendo como futbolistas importantes ían anunciando as súas fichaxes por outros equipos.

Na foto o novo Director Deportivo, Rafa Saez.

Pero a parroquia reaccionou, mobilizouse e sacou a flote a súa icona deportiva, o club que mellor representa na bisbarra á vila. Hai 15 días Germán Rúa daba un paso á fronte e convertíase na cabeza visible dunha ampla directiva. A partir de entón, a traballar contra o reloxo en moitas frontes. Eran moitos os que pensaban que o Moraña podería desaparecer. Pero onte nunha asamblea multitudinaria, ca Alcaldesa Luisa Piñeiro a cabeza,  confirmou que o equipo vai ter vida por moitos anos. Na devandita Asemblea o Presidente anuncio a fichaxe do novo Director Deportivo Rafa Saez, sendo este moi aplaudido polos socios, que á marxe de colaborar no Moraña, seguirá como Director de adestradores da Federación Galega de Futbol. O Presidente tamén anunciou que o Club vai ter a sua sede propia en breve tempo é,  que para o próximo Nadal sortearan un coche Mazda 3, en colaboración co Vice-Presiente Ramón Vilaso, Director Xeral da Mazda en Vigo. Tamén foi presentada a nova directiva, que a compón unha alta porcentaxe de xogadores do Moraña veteranos e son os seguintes:

PRESIDENTE: GERMÁN RÚA DÍAZ

VICI-PRESIDENTE 1º: RAMÓN VILASÓ MIRANDA (Director Xeral de AUGASA-MAZDA

VICI-PRESIDENTE 2º ALVARO NÚÑEZ LÓPEZ (Director Xeral de Dosemas)

VICI-PRESIDENTE 3ºVICENTE SILVA CONLES (Tesorero do Concello) 

DIRECTOR XERAL: PEDRO PORTO SILVA (ADMINISTRADOR DE INDALSU) 

SECRETARIO: ERNESTO GONZALEZ CARAMÉS “NECHO” (Profesor da enseña) 

TESORERO: JERONIMO BÚA LADO “MINSO” (Profesor da enseñanza) (Coordinar con ASEMEGA todo o relacionado ca administración-Contab. Laboral é xúridico).  

DIRECTOR DEPORTIVO: RAFA SAEZ

VOCALES: –      JOSÉ MANUEL    MILLÁN (Delegado do Fútbol base)

                    –        VENTURA PÉREZ CASTRO

                    –         EMILIO DÍAZ RODRIGUEZ

                    –         CONSTANTINO HERMIDA FERRÍN

                    –         MANUEL FUENTES MARTINEZ

                    –         ENRIQUE VARELA CALVO “QUICO”

                    –         GONZALO BREA CARAMÉS “STOIKOV”

                    –         NAZAREO FREIRE NÚÑEZ (Mantemento das instalacións deportivas).

A todos eles lle desexámos moita sorte na nova andaina.

Compárteo!

Deixa un Comentario