Campo Municipal de Mirallos, tarde soleada e terreo de xogo en perfectas condicións para a práctica do fútbol.
Alineacións
(4) Moraña C.F.: Diego;  Julián, Toné, Juan, Jhon; Santomé, Roberto, Lopi (min.46 Martín), Lois; Bairon e Xesús.
(1) C.D. Cesantes: Víctor (min.45 Piñeiro); José (min.57 Lusquiños), Casal, Xaime (min.57 Iván), Cadilla; Miguel, Iago, Juancar, Claudio; Hugo  (min. 46 Roi) e Daniel.
Árbitro: Sr. Abel Coira Guimarey do colexio pontevedrés, que sacou o partido sin ningún problema, sacou cartóns amarelos polo equipo local a Bairon no min. 33 e a Santomé no min.79. Polos visitantes Cadilla min.33, Juancar min.48, Claudio min. 60 e Miguel min.65.
Partido sin complicacións para o Moraña C.F. na tarde de onte no Municipal de Mirallos, ó equipo local puxoselle rápido o partido de cara cando no min. 4 unha inocente pérdida de balón do equipo visitante permitiu o Xesús adiantar o seu equipo no marcador.
A partires de ahí a escuadra morañesa templou os nervios iniciais e empezou a crear perigo con numerosos contragolpes maxistralmente levados por Roberto con numerosas aperturas a banda de dereita que Santomé non foi capaz de materializar.
Cando corría a media hora de xogo Bairon nun rápido contragolpe, despois de un bo pase de Lopi poría o segundo da tarde no marcador despois de decidir un man a man ante Víctor.
Despois do descanso o partido baixou moito os locais dedicaronse a sestear o non ver perigo polo resultado do encontro e os visitantes tampouco parecía que intentasen acercarse no marcador, ainda que nunha xogada aillada Roi cando corría o minuto oitenta puxo o dous a un  no eléctrónico.
Cando todos os alí presentes pensaban que lle tocaría sufrir ós do espeto, Xesús no oitenta e tres e Bairon no noventa tranquilizaron a parroquia local deixando o marcador nun abultado catro a un.
Destacar polo Moraña C.F. a actuación do mediocentro Roberto, e os dianteiros Xesús y Bairon con dous tantos cada un, polos visitantes destacamos ó capitán Claudio que polo menos intentouno ainda que sin moito éxito.

Compárteo!

Deixa un Comentario