Con este triunfo os morañeses saen de postos de descenso.

O Moraña suma o seu segundo triunfo consecutivo ante un angustiado Noalla. O Moraña conseguiu en A Lanzada a súa segunda vitoria tras dobregar (0-3) a un Noalla, ante un Moraña moi ben plantado no terreo de xogo e sabendo dende o minuto un o que se xogaba.

O encontro enfrontaba os dous equipos cos mesmos obxectivos sumar os tres puntos, para liberarse dunha vez por todas dos postos de descendo.

Había entre ambos os dous equipos 3 puntos de distancia na táboa a favor dos do carneiro, pero os de Moraña eran coñecedores que os da Rias Bajas eran un equipo moi deficil de bater no seu feudo. O conxunto morañés plantouse no campo e sabía o que tiña entre mans, o mister morañés sorprendio a propios e estraños e se presento na Lanzada coa súa nova flamante fichaxe Oscar, un rapaz de 32 anos moi coñecido nas ligas do Barbanza, onde o seu historial pasou por equipos do Riveira e Boiro entre outros, a nova perla rojilla, xogador de banda esquerda dotado dunha velocidade e unha técnica exquesita, fué determinante xunto aos seus compañeiros para endosarlle ao loitador e deportivo Noalla un doloroso corretivo. Os morañeses despois de moitos encontros contaba con sete xogadores de recambio na bancada, polo que o Mister apostou por tirar da manta cara a arriba e deseñou unha formulación moi ofensiva ao colocar arriba a Esteban, Celso, Oscar e Santi Paz que trouxeron en xaque ao equipo rival.

Na foto Rafa Sierra, uns dous destacados do encontro

No minuto 14 os morañeses mandaron o primeiro aviso a través de Santi Paz, pero o porteiro local Javi Diaz, desbaratou nunha grande intervención, os morañeses seguiron insistindo ata que no minuto 27′, o debutante Oscar tras unha sensacional xogada cede o balón a Celso para que de tiro raso batese o bo guadameta local. Os segundos 45 minutos foron un toma e daca, cedendo os morañeses o balón e lanzando peligrosisimos contragolpes que en calquera momento podían romper o partido, así aconteceu no minuto 70′ despues dunha laboriosa xogada de todo o equipo morañés Santi Paz cedelle o balón ao debutante Oscar que de tiro cruzado bate o bo gardameta local. A tónica do xogo seguiu igual con dominio local e contragolpes mortais dos morañeses e no minuto 80′ o pichichi Santi Paz faise cun balón ao bordo do area e tras driblar a vario contarios lanza un disparo moi axustado á base do poste dereito de Javi Diaz facendo o terceiro da tarde e marcando ao mesmo tempo unha gran distancia entre ambos os dous equipos na táboa clasificatoria, seis puntos e o gol average a favor dos morañes. A partir de aqui os do carneiro xogaron «a pracer» ante un Noalla temeroso e falto de viveza atrás que o único que desexaban era que o Sr. Colexiado pitase o final do encontro.

ALIÑACIÓNS:

NOALLA: Javi Díaz; Outeiro, Abal, Urbano, Outón; Gómez, Castro, Rei; Martinez, Novas, e David. Tambien xogaron García Piñeiro, Padín, José Luis Otero e Díaz

MORAÑA C.F.: Rafa Sierra (80′ Vicente); Rafa Saez (75′ Juan), Juan(46′ Yeyo), Toño, Fontes (46′ Ventura); Esteban (65′ Stoikov), Sayáns, Mario Costa, Oscar (80′ Nico); Celso (46′ Nuñez) é Santi Paz.

ARBITRO: Axubioú ou encontro ou colexiado pontevedrés Segundo Pastoriz, realizando un bó arbitraxe, mostrando tarxetas amarelas ou local Outon é ou morañés Sayáns por cortar un balón ca man.

INCIDENCIAS: Partido xogado nas instalacións do Campo dá Lanzada, de herba sintetica en boas condicións, e tarde fria, 9. Por decisión técnica non saltou ou terreo de xogo Rúa.

Despois do encontro vos xogadores repuxeron forzas en Adulacións «Casa Enrique»

DESTACADOS: Por ou Noalla sobre todos ou gardameta Javí Díaz é Urbano é por ou Moraña, Rafa Sierra, Toño é ou debutante Oscar, auténtico protagonista do encontro.

Compárteo!

2 comentarios

  1. Yeyo, non descubramos as nosas cartas, senón o mister toma represalias, xa ves ti no banquillo e eu sustituido no descanso,non se casa con nadie(so ca súa dona).
    Felicidades o director deportivo pola nova adquisición(Oscar), con él máis toque e menos dádelle pa riba.
    Por certo destacar os bos minutos de Vicente a pesares da «peligrosidade» do vento (deulle tranquilidade o equipo)
    Un saudo, e haber quen entra o trapo….sen medo o mister.

  2. Non todos temos o posto asegurado coma ti Paja, asi que mellor eu non entro pero co de Vicente tes razon, mais minutos po ZAMORA

Deixa un Comentario