Na foto o gardameta Maté.

 O Moraña Veteráns  caeu na tarde de hoxe (2-3) ante o Netos da Coca e descende así de categoría, debido a restruturación de última hora de que baixan nada maís é nada menos que oito equipos. O equipo necesitaba gañar e que o Caldas non gañase, pero non o fixo, os de Caldas gañaron sorprendentemente o Vilalonga a domicilio por 1-3, conseguindo sumar os tres puntos é asegurar a permanencia por un ano maís.As cousas non empezaron ben para os do carneiro pois inda que foron superiores os de Redondela durante os 90 minutos a verdade que a sorte no os acompañou, pois transcurria o minuto 12 é Nico o tratar de despexar un balón que tiña controlado  esvara deixandolle o balón os pes do dianteiro Pedro que xo ante Maté bateo por baixo (0-1), en pleno dominio morañés transcurria o minuto 29 é Mario Costas colle un balón o borde da area é lanza un zambombazo batendo por alto o bó porteiro de Redondela Alberto,  igualando o marcador (1-1) é cando só faltaban 5 minutos pra o descanso Esteban e derrubado dentro da area e incomprensiblemente o Sr. Colexiado Jacobo Iglesias non siñala nada. Os segundos 45 minutos parecian moi prometores pra os morañeses, pois no minuto 65 Santi Paz realiza unha extraordinaria xogada indose de varios contrarios é dende a liña de fondo da o pase da morte que Roberto noutro espectacular zambombazo bate a Alberto pola mesma escuadra (2-1), pero a verdade que este ano pra o Moraña en canto a sorte foi nefasto, pois transcurria o minuto 79 nunha xogada sen perigro ningun é cando o balon saia fora,  Nico trata de despexar un balón é con tanta mala sorte saelle un globo que vai parar os pes de Marcos que en parabola bate a Maté (2-2), un minuto maís tarde en en pleno desconcerto morañés Hugo lanza un disparo batendo novamente a Maté é poñendo o (2-3) definito no marcador, inda o Moraña poido empatar o encontro e cando só faltaban tres minutos pra rematar o mesmo Santi Paz é derrubado escandalosamente  dentro da area pero o Sr. Colexiado nunha tarde desastrosa non se entera da pena máxima, montandose un carrusel de protestas por parte dos xogadores locais que non sirviron pra nada é no 90′ pra o colmo dos colmos, Santi Paz vaise de varios contrarios encarandose co porteiro e cando o balon iba a entrar na porteria bate no pau é sae fora, cousas de meigas, pero como dirian os mais lonxes do lugar o futbol é fútbol.

ALIÑACIÓNS:

Moraña C.F.: Javier Maté; Juan(80′ Esteban), Goran, Nico, Nuñez; Yeyo, Mario Costas (50′ Celso), Sayáns, Esteban(75′ Ventura); Celso (46′ Roberto) é Santi Paz.

Netos da Coca: xogaron entre outros: Alberto, Villar, Curras, Otero, Luis Andrés, Miguez, Pedro, Jorge Couñago, Alberto Couñago, Hugo, Marcos, Alfonso, Miñán, Abal é David. 

ARBITRO: Axubiou o encontro o colexiado pontevedrés Jacobo Iglesias Polo, mal moi mal, non soupo nunca aplicar a lei da ventaxa, non se enterou de duas penas maximas clarisimas dentro da area dos de Redonde é nunca tivo autoridade dentro do terreo de xogo. Mostrou tarxeta amarela os  morañeses Nico, Esteban é Celso e por o Netos Miguez é Abal. 

INCIDENCIAS: Partido xogado no Municipal de Mirallos con un terreo de xogo en excelentes condicións, tarde fria con choivas intermitentes,  temperatura de 12º. Despois do encontro os xogadores tiveron unha xuntanza no mesón morañés O Pouso..

DESTACADOS: Por o Moraña, todos estiveron a unha gran altura é por o Netos o porteiro Alberto é Hugo.

Compárteo!

3 comentarios

  1. penso que ainda temos unha posibilidade, pois o cambados non se presentou. habera que esperar que sancion poñen

  2. Sayáns, a sanción que ten un equipo por no presentase é a perda do encontro por 3-0, sanción a deportividade é nada maís, polo que a sorte está botada, o que sí temos que facer e gañar o sábado por si o final non fan a restructuración dos grupos é soamente baixarian SEIS, PERO PARA QUE NON HAXA SORPRESAS TEMOS QUE GAÑAR. Saudos.

Deixa un Comentario