O MORAÑA VETERANOS PERDE NA CASA O QUE GANA FORA.

O marcador non reflicte o que realmente sucedeu no terreo de xogo, pois o encontro foi moi disputado cun toma e daca onde o equipo das Rias Baixas, xustificou de sobra o porque figura nos postos altos da táboa, pero tivo que esperar o último  minuto do encontro para marcar o terceiro e cuarto gol, cando os morañeses á desesperada buscaban como mínimo o gol de empate.

Na foto Santi Paz, autor do único tanto morañés.

Os morañeses libraron un bo partido, pero como xa vén sendo habitual toda esta tempada, cuns despistes en defensa que lle custaron os tres primeiros goles,  moito terá que traballar o mister para corrixir estes fallos de aquí a final de tempada para evitar a caída aos postos de descenso.

Froito destes fallos no minuto 23 Delmiro aproveitándose da pasividade dos defensas rojillos e ante a desesperada saída do gardameta Fernando pícalle o balón por riba, anotando o 0-1, puideron os das Rias Bajas aumentar o marcador no minuto 30 a través de Piñeiro, pero respondeu Fernando cunha grande intervención.

Nada maís empezar a segunda parte incomprensiblemente Esteban á portería baleira tira o balón por fora, os morañeses seguiron loitando e no minuto 66′ penalty que lle fan a Santi Paz, que el mesmo executa e marca un esperanzador gol, pero como deciamos o inicio de esta crónica,  dous minutos maís tarde Piñeiro aproveitando a pajara dos defensas locais marca a pracer o 1-2. De aquí ata o minuto 85 foi un dominio insistente dos morañes onde Santi Paz, Mario Costas e Velay estiveron a punto de marcar en senllas xogadas pero lles falto ese belisco de sorte para rematar en gol.No minuto 90′ contragolpe do Portonovo é outra vez Delmiro vaise por velocidade sen que ninguen saia o corte e cruza o fondo da rede batendo nesta ocasión o recen incorporado Vicente é no 95′ xa cun Moraña totalmente fundido é desilusionado o Portonovo este si,  por mediación de Miguel marca o cuarto nunha gran xogada.

ALIÑACIÓNS:

MORAÑA C.F.: Fernando (80? Vicente); Juan(70′ Stoicov), Toño, Yeyo(72′ Sayáns), Fuentes (55′ Ventura ); Esteban (76′ Velay),  Sayáns(46′ Núñez), Nuñez (32′ Nico), Oscar (46? Celso); Mario Costas  é Santi Paz.

PORTONOVO., C.F.: Andrés; Martinez( 34′ García) , Abal, Miguel, Baya; Gomez, Garrido, Otero(46′ Torres, 80′ César); D León(61′ Garrido), Piñeiro, Delmiro.

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés Ignacio Rey,  realizando un bó arbitraxe.

INCIDENCIAS: Partido xogado no Municipal de Valga , herba sintetica, nunha tarde fria .  Despois do encontro os xogadores tiveron unha xuntanza no mesón a Real en Caldas de Reis.

DESTACADOS: Por o Moraña, Mario Costas, Santi Paz é Oscar, que por compromisos de traballo só disputou os primeiros 45 minutos, polo Portonovo Otero, Miguel é Abal.

Compárteo!

1 comentario

Deixa un Comentario