?Como adoita acontecer nos partidos de máxima rivalidade, o Moraña e o Caldas libraron onte un choque con tensión, alternativas e un gol por cada bando. No derby comarcal da xornada, ambos os dous conxuntos asinaron un empate a un tanto que deixou máis contentos os caldenses, pois os do carneiro como xa vén sendo habitual gozaron de innumerables ocasións de gol mentres que o seu contrincante chegou unha vez e sacouno a máxima rendibilidade.

O Moraña adiantouse  no marcador no minuto 35′ tras unha gran xogada entre Oscar e Santi Paz ‘que este último remata ‘ao fondo da rede’, puideron aumentar os morañeses o tenteo tras un gran tiro de Roberto no minuto 41′ pero o balón pega no poste e vai ás mans do porteiro.

Na foto Santi Paz, autor do gol morañés.

Nada máis saltar ao campo tras o descanso, os do Moraña seguiron levando a iniciativa con contragolpes caldenses que non inquietaron en ningún momento o marco de Fernando, no minuto 55 Santi Paz tras driblar a varios contrarios cede’ o esférico a Oscar saíndo o seu tiro desviado cando o porteiro xa estaba batido e cantábase o gol nas bancadas, no 65′ contraataque do Caldas con para don de Fernando tras un gran tiro a queimarroupa de Victor, outra vez o mesmo xogador no minuto 70 lanza un gran disparo e Fernando soluciónao cun rexeitamento de puños, posiblemente a xogada do partido estivo no minuto 75′ cando Santi Paz é derrubado escandalosamente dentro da área que todo os alí presentes viron menos o Sr. Colexiado, está xogada sen dúbida foi determinante para as aspiracións morañeses e cinco minutos máis tarde o Caldas empata o partido a través de Fontán libre de marca, nin os mais vellos do lugar críanse o que estaba a suceder, aínda tiñan tempo os morañeses a dar un xiro no marcador, no minuto 86′ tras un tiro de Santi Paz que se vai fóra por pouco e no 90′ gran tiro de Santi Paz a queimarroupa que lle pega o esférico na cara do bo gardameta visitante saíndo o balón a córner.

ALIÑACIÓNS:

MORAÑA C.F.: Fernando; Stoikov(55? Ventura), Toño, Sayáns, Fuentes (60? Velay ); Yeyo (34? Esteban), Nuñez, Mario Costas (15′ Juan, 70′ Yeyo), Celso( 34′ Roberto); Oscar (68′ Celso)  é Santi Paz.

CALDAS., C.F.: Ferro; Martín(27′ Ricardo), Fariña, Andrés, Portas; González(30′ Rivas), Castro, Puente(27′ Fariña); Victor, Parga é Fontan(35′ García, 65’David).

ARBITRO: Axubiou o encontro o colexiado pontevedrés Francisco Crespo Trujillo, mal, perxudicándo os morañes  ao non sinalar un claro penalty por derribo dentro da area a Santi Paz é mostrandose tremendamente  rigoroso nas tarxetas mostradas os morañeses,  nada maís é nada menos que tres amarelas, » nin os máis vellos do lugar o recordaban» (Mario Costas, Toño é Santi Paz), por o Caldas mostroulla a Juan Puente. É curioso que Santi Paz foi obxeto de multiples faltas durante os 90 minutos,  sin amonestar o Sr. Colexiado os infractores é nunha xogada fortuita él si ve tarxeta amarela, «eu non creo nas meigas pero habelas hai». 

INCIDENCIAS: Partido xogado no Municipal de Valga , herba sintetica, nunha tarde soleada . Os xogadores do Moraña,  Mario Costas, Juan é Oscar foron sustituidos por sobrecargas musculares, a boa noticia da tarde foi que os  Esteban é Roberto non se resintiron das suas respectivas lesións que os tuveron apartados do equipo. Despois do encontro os xogadores tiveron unha xuntanza no mesón Luya  en Caldas de Reis.

DESTACADOS: Por o Moraña, Santi Paz é Oscar, polo Caldas os irmáns Andrés Fariña é Gabriel.

Compárteo!

Deixa un Comentario