O MORAÑA E A HISTORIA DO BO PAI. Mentres que o conxunto morañés está a mostrar un magnífico nivel fora de casa, na súa circunstancial aventura de xogar os partidos en Valga como locatario lle atragoan os partidos como o de onte co  Vilagarcia.

Na foto Yeyo, que realizou un extraordinario encontro.

 

O equipo moraés cumpre co dito e deixa na casa todo o que gaña fóra. E é que a bagaxe dos de Germán Rúa é moi boa como visitante, pero parece que se lle atragoan os partidos cando ten que afrontalos no seu propio feudo onde se foron todos os puntos, salvo dous pauperricos empates co Albariño é Arousa; demasiados se me apuran vendo o bo papel como visitante.

De feito, a clasificación dos morañes é regular pero sería moito mellor aínda se na casa non se tivesen escapado tantos puntos. Á cabeza de moitos dos xogadores morañeses véñense  algúns deses puntos, e quizais os de hoxe ante o Vilagarcia sexan os que menos doeron xa que probablemente fose o mellor conxunto que pasou como visitante, inda que o seus goles foron de estratexia a consecuencia da pouca picardia de algúns xogadores morañeses, cometendo faltas infantís.

Máis dolorosa foi por exemplo as derrotas ante conxuntos como o Mecos, Noalla, Cambados e Galicia, que sen facer nada se levaron a vitoria.

En cambio, como visitante sacou uns números ao alcance tan só dos equipos da cabeza da clasificación, ao gañar catro partidos, empatar dous, e perder só dous, pola mínima e quizais merecéndose algo máis. Que acontece entón na casa? Porqué convértese na casa o Moraña «NO BO PAI»?. Parece que ao equipo lle pesa a responsabilidade.

O que está claro que aos do carneiro isto de ter que xogar sempre fóra da súa localidade non lles dá sorte, esperemos que a situación cambie como locatario dentro de quince días ante a visita do sempre temible Merendeiro, pois pola contra teremos que esperar ao novo ano 2013 para cambiar o rumbo.

MORAÑA: Rafa Sierra (80′ Vicente); Ventura (46′ Mario Costas), Juan, Yeyo, Fuentes(80′ Ventura); Nico, Sayáns, Nuñez( 70′ Pedro) , Stoikov(30′ Esteban); Celso é Mario Costas (8′ Santi Paz).

VILAGARCIA: Dasilva; Coello(34’Oscar), Camiña, Blanco(36’Romero), Dominguez; Ricardo Fernández, Quintas(30′ Conde), Barreiro; Diego(33′ Andrés González), Fernández(36′ Barral) é Ricardo Vázquez(30′ González).

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 26?,-Córner que saca Celso é Dasilva envía a córner.

 Minuto 27′,- Ricardo lanza un forte tiro que sae fora.

Minuto 29?,- Cañonazo de Celso e saca un defensa..

Minuto 34′,- (0-1).- GOOOOOOOOOOOOL DO VILAGARCIA, Esteban recien entrado no campo pica de pardillo é fai unha entrada infantil o borde da area que executa Ricardo e Rafa Sierra en semifallo no é capaz de botala fora, a pesar que lle tocou o esferico.

Minuto 38?,- Contragolpe do Moraña é Santi Paz despois de irse de varios contrarios tira demasiado cruzado ante a desesperada saida do bó gardameta Dasilva.

Minuto 45?,- Nova ocasión de Santi Paz, enviándo novamente o gardameta a corner nunha gran parada.

Minuto 47,- Nova ocasión de Santi Paz que só diante do porteiro tiralle incomprensiblemente as mans.

Minuto 57?,- Tiro do visitante Conde que tras dar o balón na espalda do se compañeiro Barral está a piques de entrar.

Minuto 59?,- Gran tiro de Andrés Gonzalez, facendo Rafa unha gran parada.

Minuto 63,- Ocasión de Santi Paz é cando ía rematar, anticipase un defensa, enviándo o balón a córner.

Minuto 64?,-Gran tiro de Dominguez é o balón sae alto por pouco.

Minuto 74′,- Fernández salva a saída de Rafa é cando o balón ía entrar, saca debaixo dos paus un incombustible Yeyo.

Minuto 75′,-Nova ocasión do Vilagarcía con tiro final de Ricardo, facendo unha gran parada Rafa Sierra.

Minuto 77′,-Celso engancha unha gran bolea a 40 metros da porteria, que se vai fora por moi pouco.

Minuto 85′,- (0-2),- GOOOOOOOOOOOOOOOOL DO VILAGARCIA, outra entrada de pardillo,  nesta ocasión de Fuentes, que fai inexplicablemente  unha falta o borde da area, que saca Ricardo para González que marca. 

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado vilanovés José L. Tourís Oubiña , bó arbitraxe do  sr. colexiado, enseñou duas tarxetas amarelas, unha a Fuentes é outra o visitante Vázquez.

INCIDENCIAS: Encontro xogado no Municipal de Valga, nesta ocasión xogouse no campo que está a lado do que habitualmente xoga o Moraña, con unha temperatura moi agradable (18º), con un terreo de xogo en excelentes condicións. Despois do encontro os xogadores morañeses é como xa vén sendo habitual, xuntaronse no Bar do campo(nesta ocasión só oito),  Santi Paz, Necho, Velay, Vicente, Juan, Fuentes, Ventura é Rua, os cales mercaron un décimo da loteria de Navidade o número 99248. «SORTE»

DESTACADOS: Por o Moraña, Yeyo é   Santi Paz, é  por o Vilagarcia, o gardameta Dasilva é Ricardo. 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario