Gran partido o xogado onte polos nosos Veteranos, que aproveitaron un arranque de encontro máxico nos que cun ritmo altísimo de xogo se puxeron 4-0 en 20 minutos.

Abriu a lata Celsiño, culminando unha moi boa combinación ao primeiro toque na banda esquerda, batendo por baixo ao porteiro visitante. O segundo gol foi obra dun dos nosos máis recentes fichaxes, Iago Castro, que aproveitou un balón solto na área para marcar de cabeza. O terceiro gol foi un auténtico golazo. Óscar Barros ve un rexeite na frontal, e de primeiras manda un mísil ao que nada poden facer os rivais. Co cuarto gol, obra de Nico, o partido parecía totalmente encarrilado.

Despois deste arranque tan forte, o partido normalizouse e o equipo morañés comezou a temporizar e a manter a posesión, movendo ao rival de lado a lado. O adestrador morañés comezou a mover o banquillo, metendo xogadores de refresco que mantiveron o ritmo alto do encontro e que ofreceron novas alternativas.

Co resultado de 4-0 chegouse ao descanso.

Tralo paso polos vestiarios, e debido quizáis ao resultado, o Moraña non xogou unha gran segunda parte, con exceso de relaxación nalgúns momentos que fixo que o Lérez comezara a xerar perigo tras pérdidas morañesas. Malia a todo, logrou marcar o quinto Santi Paz, culminando unha grandísima contra iniciada por banda esquerda cunha cabalgada e remate preciso ao pao esquerdo.

Co 5-0, o técnico morañés decidiu reforzar a parcela defensiva do equipo, metendo no campo ao porteiro Vicente Conles para manter o resultado. O cancerbeiro de Rial a piques estivo de deter un penalti máis que dubidoso, pero subiu o 5-1 ao marcador.

Pechou a conta polo Moraña C.F. outra fichaxe desta tempada, David Barros, culminando na área unha gran xogada de todo equipo.

O resultado final foi de 6-2.

A próxima semana, o Moraña Veteranos viaxa a Pontevedra, para enfrontarse co Marcón Dibay.

FICHA TÉCNICA

Moraña Veteranos 6 – 2 Lérez Veteranos

Moraña C.F.: Rafa Sierra; Yeyo, Mario, Toño, Fuentes, Nico, Goran Djorovic, Óscar Barros, Celsiño, Santiño, Iago. Tamén xogaron David Barros, Santi Paz, Sayáns e Vicente.

Goles: Celsiño, Yago, Óscar Barros, Nico, Santi Paz e David Barros.

Compárteo!

Deixa un Comentario