A nosa sección de veteranos recibía na tarde de onte no Buelo ao Albariño Veteranos, noutro encontro marcado polas baixas. Ata sete tiña o cadro morañés por diversos compromisos, chegando a reunir simplemente 12 xogadores para a disputa do partido.

O equipo dirixido por Pedro Porto esta tarde, saiu con todos os efectivos dispoñibles de inicio, salvo Santi Paz, que por precaución comezaba no banquillo.

O encontro comezou coa tónica que este equipo leva esta tempada: saír co «rodillo», tendo o dominio do balón aínda que na tarde de onte sendo imprecisos nos últimos pases e tendo moitísimas dificultades a partires de tres cuartos de campo.

O primeiro gol foi obra de Nico, tras unha xogada que comeza en banda dereita, acaba nos pes de Eloy Pérez, e tras un barullo na área, marca o morañés aproveitando o rexeite. Nico na súa salsa.

O segundo «chicharro» fíxoo o propio Eloy, cun golpeo excepcional dende banda esquerda ao pao largo que entrou pola escadra. Con este 2-0 chegamos ao descanso.

Na reanudación, o encontro continúa coa mesma tónica, chegando o 3-0 bastante cedo, con outra xogada personal de Eloy, arrancando desde a banda, rompéndolle a cintura ao defensa e marcando por toda a escadra.

Chegado a este punto, o Moraña volveu a «parvear», sufrindo o típico baixón que estamos a vivir en todos os encontros tras porñernos por diante. O Albariño, buscando balóns largos e segundas xogadas, acadou o 3-1, ao que rápido contestou o Moraña cun golazo de Óscar Barros dende fóra da área que tamén entra pola escadra. A verdade é que as porterías do Buelo quedaron onte sen ninguna tea de araña.

Volveu recortar o Albariño, cando o interior esquerdo desborda a David Barros, pon un preciso centro que o punta remata dende o punto de penalti ao fondo das mallas. 4-2

Pechou o marcador Nico tras unha gran xogada. Internada de David Barros por banda dereita, pase ao espazo de Santi Paz, David cede atrás a Santiño que tira e Nico aproveita o rexeite en posición máis que dubidosa para facer o quinto.

En resumo, nova victoria dos nosos veteranos, que xa asoman nas primeiras posicións da clasificación. De lograr un pouco de continuidade, e se se superan as continuas baixas, as espectativas para este equipo son máximas.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 5 – 2 Albariño

Moraña C.F.: Vicente, David Barros, Mario, Toño, Yeyo, Nico, Sayáns, Óscar, Eloy, Santiño, Iago Castro e Santi Paz.

Goles: Nico (2), Eloi (2) e Óscar Barros.

Compárteo!

Deixa un Comentario