Sétima Xornada da 2ª A de Veteranos, que enfrontaba ao Moraña co Arcade no Buelo. Un partido a priori difícil para os nosos ante un rival duro de roer, e para o que despois de varios partidos, o míster Germán Rúa contaba con profundidade de plantilla para poder plantexar variantes durante o partido.

Os morañeses saíron de inicio cun 1-4-4-2, cunha dupla atacante letal formada por Nico e Velay, que fixeron as delicias dos asistentes.

Dende o primeiro minuto xa se aventuraba un partido disputado, no que ningún dos dous equipos daba un balón por perdido, e no que quedaba claro que a diferencia e o resultado íbanos a marcar os pequenos matices. Comezaba o Moraña C.F. en contra do vento, o que facía que os balóns largos fosen moi perigosos, cun Arcade buscando sempre prolongar ou a segunda xogada. Resolveron ben os morañeses esta faceta no primeiro tramo do encontro.

Tiveron Nico e Eloy dúas oportunidades claras para abrir o marcador nesta primeira parte, pero o porteiro do Arcade resolveu moi ben ambas ocasións. Os visitantes só xeraban auténtico perigo no balón parado, co lanzamento de córners e faltas, que foron ben defendidas polos nosos. Co resultado de 0 a 0, chegamos ao descanso.

Germán Rúa, que xa fora incorporando cambios durante todo o encontro buscando a mellor solución táctica para facerse cos puntos, deu coa tecla cando sacou do campo a Celsiño e a Toño, buscando un fútbol máis elaborado e de maiores quilates. Así foi como no minuto 10 da segunda parte, unha gran xogada en banda esquerda na que Fuentes lle da un pase medido a Eloy, fai que o extremo da Amil se adiante o porteiro fóra da área, e marque a porta valeira o 1-0.

Este gol foi un pulo para os morañeses, que xogaron neste tramo do partido os seus mellores minutos e fixeron casi de seguido o 2-0, cunha gran xogada por banda dereita esta vez na que Santiño fusila ao porteiro.

De ahí ao final do encontro, fútbol-control por parte do Moraña C.F., que non veu perigar nunca o encontro salvo por algunhas faltas innecesarias próximas á nosa área. O carrusel de cambios continuou, con boa aportación de toda a plantilla morañesa, que esta vez sí, conseguiu repartir os esforzos entre todos.

Ao final dos 90 minutos, 2 a 0, tres novos puntos para os nosos veteranos, que xa xuman 18 e se manteñen na zona noble da clasificación. A semana que ven, a seguir pelexando!

FICHA TÉCNICA

Moraña Veteranos 2 – 0 Arcade Veteranos

Xogaron polo Moraña C.F: Rafa Sierra, David Barros, Mario, Toño, Fuentes, Yeyo, Sayáns, Celso, Eloy, Velay, Nico, David, Vicente, Santi Paz, Santiño, Óscar Barros, Iago Castro e Goran Djorovic.

Goles: Eloy e Santiño.

Compárteo!

Deixa un Comentario