O MORAÑA PERDE NA CASA O QUE GAÑA FORA.

O MORAÑA VOLVE POLAS ANDADAS, OUTRA VEZ VOLVE CEDER PUNTOS ANTE UN EQUIPO QUE NON DEMOSTROU SER SUPERIOR AOS MORAÑESES EN NINGÚN MOMENTO, PERO A VERDADE QUE NO PRIMEIRO TEMPO OS MORAÑESES ANDABAN A VELAS VIR FACENDO UN PARTIDO HORROROSO, VENDOSE O ADESTRADOR OBRIGADO NO DESCANSO A FACER NADA MÁIS E NADA MENOS QUE SEIS TROCOS E A VERDADE QUE O EQUIPO FOI OUTRO,  XOGANDO CON GAÑAS E ACANTOANDO AOS DA LANZADA NA SÚA PROPIA PORTERIA, SÓ O PRODUTO DA MALA SORTE IMPIDEU QUE OS MORAÑESES SE ALZASEN COA VITORIA PERO UNHAS VECES OS PAUS E NOUTRAS O PORTEIRO VISITANTES ALBERTO CON PARADAS DE AUTENTICO LUXO,  IMPEDIRON QUE OS MORAÑESES SE ALZASEN COA VITORIA. DE TODOS OS XEITOS O MORAÑA NON PODE REGALAR COMO FIXO NESTE PARTIDO OS PRIMEIROS 45 MINUTOS CUNHA DESIDIA E FALTA DE APTITUDE POR PARTE DE VARIOS XOGADORES QUE LEVARON AOS MORAÑESES A OUTRA DERROTA NA CASA CUN EQUIPO QUE NON FOI SUPERIOR EN NINGÚN LANCE DO ENCONTRO. O MISTER DEBERÁ TOMAR BOA NOTA DESTE ENCONTRO E DAR DESCANSO A ALGÚN XOGADOR QUE SE ENCONTRA DEMASIADO ACOMODADO E MÁXIMO VENDO O BO RESULTADO QUE LLE DERON OS CAMBIOS CON XOGADORES QUE HABITUALMENTE NON SAEN DE TITULARES PERO QUE ONTE DEIXARON UN BO SABOR DE BOCA AO MISTER.

Na foto Pedro, uns dos destacados do encontro.

A.C.D. MORAÑA: Vicente (46? Fernando); Stoikov(46′ Eloy), Yeyo(46′ Ezequiel), Toño, Fuentes(60′ Ventura); Nico(46′ Pedro),  Sayáns, Nuñez, Esteban(46′ Roberto);  Celso é Santi Paz.

NOALLA C.F.: Alberto; Padín, Dominguez, Urbano, Juan M.(46’García); José Luis(30’Martinez), Castro(26′ Rey), Vega; Abal, Otero(26’Díaz), Gómez. 

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 11?,-(0-1),- GOOOOOOOOOOOOL DO NOALLA, un balón no que o Moraña ten toda a ventaxa e Vicente sae en falso pidindo o balón e Otero anticipase e de cabeza marca a pracer. VER PARA CREER.

Minuto 24′,-Juan Manuel marchase de Stoikov, tira e para Vicente.

Minuto 36,- Ocasión de Martinez, pero o seu tiro vaise fora.

Minuto 37′,- Ocasión de Santi Paz, que cando ia tirar sofre un empurron da defensa, e o penalti non e pitado polo arbitro.

Minuto 41,- Ocasión de Gómez que Vicente  nunha excelente intervención envía a córner.

Minuto 45′,- (0-2),- GOOOOOOOOOOOOOOOOL DO NOALLA,- Xogada de Martinez tira e ante a pasividade da defensa do Moraña, rechaza Vicente e Rey  ca testa envía o fondo da rede.

Minuto 46′,- Cañonazo de Roberto que o porteiro envía a córner.

Minuto 55,- Ocasión de Santi Paz que ante a saída de Alberto picalla pero o balón sae fora.

Minuto 57′,- Balón de Celso para Santi Paz que só ante o porteiro cruzalla e desvía co pé.

Minuto 62′,- Triple ocasión do Moraña: 1ª Celso lanza un forte disparo rechaza o porteiro; remata roberto e o balón vai o pau e por último remata Ezequiel e o balón vai fora.

Minuto 63,- Ocasión de Ezequiel que lanza un forte disparo resondendo con unha gran parada Alberto.

Minuto 73′,- Ocasión de Roberto que tira, respondendo Alberto con outra gran parada.

Minuto 83,- Ocasión de Juan Manuel que para Fernando. 

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés Alvaro Fernández Romero, bó arbitraxe do colexiado pontevedrés, inda que cometeu o erro de non señalar un penalty clarisimo a favor do Moraña. Dada a deportividad de ambos equipos non enseñou tarxetas..

INCIDENCIAS: Encontro xogado no Municipal de Valga, con unha temperatura moi agradable (22º), con un terreo de xogo en excelentes condicións. Despois do encontro os xogadores morañeses é como xa vén sendo habitual, xuntaronse no Bar do campo .

DESTACADOS: Por o Moraña, Sayáns, Toño,  Santi Paz é Pedro, é  por o Noalla, o gardameta Alberto o mellor dos vintedous e Urbano.

Compárteo!

2 comentarios

  1. compañeiros solo vos quero informar q no proximo partido tomaremos algo de marisco nunha taberna rural en meaño haber si asi levantamolo animo un saludo.

Deixa un Comentario