VOLVE A  PEOR VERSIÓN DO MORAÑA VETERÁNS.
DOUS GOLES NA PRIMEIRA PARTE EN AGASALLOS DA DEFENSA BERMELLA, FACILITAN O TRIUNFO DO CONXUNTO DE PONTECALDELAS. 

Na foto o capitán Sayáns, todo pundonor é entrega en defensa dos cores morañeses, todo un gran profesional.

O Moraña  volveu sufrir outra estocada ligueira e retomou as malas sensacións ao caer derrotado na casa contra o bó conxunto da vila das troitas, que xogou un partido de moito sacrificio e traballo e se levou un triunfo que lle mantén fóra do descenso grazas a tarde desafortunada da defensa morañesa.

Os morañeses que na casa estan gafados pois soamente conseguiron no que vai de tempada un só triunfo, empezaron xogando un bó partido é como xa sendo habitual fallando ocasións clarisimas diante do marco contrario, incluso a porteria valeira,  é cando maís estaban a apretar os bermellos, chega o fatidico minito 21′ con erros en cadea de toda a defensa morañesa que aproveita o rapidisimo dianteiro Villaverde para batir a Fernando na sua desesperada saída, ante o desconcerto local,  en tan só 5 minuto chegaría o segundo da tarde, contragolpe visitante, rematando un centro dende a banda esquerda o dianteiro David, totalmente libre de marca  por toda a escadra.

Os morañeses o  peor conxunto da Liga na casa,  non tivo recursos para reverter a situación e novamente volve a sumar outra derrota e van ……………………..

O adestrador morañes, no descanso retocou todas as liñas é a verdade que o equipo foi outro, no minuto 85′ nunha boa xogada da dianteira morañesa Santi Paz vaise por velocidade da defensa e bate o extraordinario porteiro visitante Carballo (1-2), quedaba encontro, pero tan só nun minuto outra vez a defensa nunha tarde lamentable regala o terceiro da tarde a traves do bó xogador David.

Morañsa: Fernando; Juan, Toño, Mario Costas(46′ Yeyo), Fuentes(80′ Ventura); Nuñez, Sayáns, Goran, Esteban; Yeyo (35′ Nico) é Santi Paz.

Pontecaldelas:Carballo; Mendez, Arzua, Pazo, Touriño; Lorenzo, Villaverde, Pérez; Torres(43′ Soliño), David é Calvarro (30′ Rial).  

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés Juan Antonio Caeiro Abalo , moi bó arbitraxe do  sr. colexiado, aplicándo en todo momento a ley da ventaxa é non cpmplicándose a vida, deixando xogar os xogadores. Enseñou duas tarxetas amarelas os visitantes Arzua é Lorenzo.  

INCIDENCIAS: Encontro xogado no Municipal de Valga, boa tarde pra a practica do fútbo con unha temperatura de 12º., con un terreo de xogo en excelentes condicións. O encontro iniciouse as 6,15 horas da tarde. Non chegaron a saltar o terreo de xogo Velay é Rúa. Despois do encontro os xogadores morañeses é como xa vén sendo habitual, xuntaronse o Mesón Luya en Caldas de Reis.

DESTACADOS: Por o Moraña, nesta ocasión só se salva Sayáns, Goran é Santi Paz,  por o Pontecaldelas, sobre todos o gardameta Carballo, con paradas prodixiosasn  sendo uns do artifeces do triunfo, Villaver é David Carrera, auténtica pesadilla pra os defesas morañeses.

Compárteo!

Deixa un Comentario