Moraña C.F.: Zapa ;Martín, Juan ,Jhon; Lois (min.56 Santomé), Cristóbal ,Julián, Adrián (min.46 Zas),Alex; Matías (min.51 Xesús) e Bairon (min.51 Breo).
S.D.Presqueiras: Piñeiro; Luis, Oscar, Cendón, Diz; Garrido (min.67 Alfonso), Xesús, Fariña, Liño; Dani (min.46 Souto) e Arza.
Árbitro: Sr. Pablo Gutierrez Argibay. Mala arbitraxe nun partido moi doado, tarxetas amarelas polo Moraña C.F. ao número n.º 10 Adrián e pola S.D. Presqueiras ao 10 Fariñas e tarxetas vermellas polo Moraña C.F. o número n.º 4 Martín e o número n.º 13 Fandiño.
Goles: 1-0 min.3 Alex,2-0 min.8 Cristóbal,3-0 min.20 Adrián,4-0 min.25 Matías, 5-0 min.33 Alex,6-0 min.48 Martín, 7-0 min.50 Bairon, 8-0 min.63 Santomé (páx.), 9-0 min.78 Alex.
Destacados:
Moraña C.F.: Álex, Jhon, Julián.
S.D. Presqueiras: Jesús Otero.
Crónica: Bo partido o disputado na tarde de onte en Mirallos onde o equipo local deleitou á súa afección cunha goleada a custa do último S.D. Presqueiras.
O equipo rojillo saíu moi enchufado ao terreo de xogo sabendo que unha picada na casa o afastaría case definitivamente dos postos de promoción de ascenso e no minuto 3 xa se puxo por diante no marcador cun bo gol do carrilero zurdo Álex.
Despois do primeiro tanto que tranquilizou aos locais, o once morañés tivo media hora de bo fútbol cunha rápida circulación de balón chegando por ambas as dúas bandas o que provocou que á media hora de xogo a goleada fose de escándalo cun cinco a cero para os locais.
Na segunda parte a relaxación foi a tónica e o equipo local baixou bastante a intensidade tanto na presión, coma na circulación da pelota, pero aínda así lograría catro tantos máis para deixar o marcador no nove a cero final.
Destacar os debuts no equipo local do porteiro Zapa que tivo unha tarde moi prácida e o dianteiro xuvenil Breo que achegou moito traballo na punta e só lle faltou o gol para redondear un bo partido.
Esperemos que esta vitoria sirva para que o noso equipo empece a endereitar unha irregular campaña.

Compárteo!

Deixa un Comentario