• Os nosos continúan sumando no tramo final.

  • Partido moi completo que remata en goleada.

Xornada 28ª do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña recibiu ao equipo de A Lama.

O Moraña recibía a un rival directo na loita polos postos de promoción e o resultado non puido ser mellor. Cando tan só se cumplían 15 minutos da primeira parte o marcador xa era un 3-0 favorable aos nosos. O equipo visitante acortou distancias cun gol no tempo engadido e co 3-1 chegouse ao final do primeiro tempo.

Trala reanudación, o Moraña conseguiu o cuarto gol nada máis volver dos vestiarios e iso fixo que a confianza dos nosos aumentara. Lonxe de conformarse co resultado, o Moraña foi a por máis goles e o partido acabou nun 6-1.

A falta de 2 xornadas, os nosos sitúanse a 3 puntos dos postos de promoción. Imos Moraña!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Anxo Domínguez (Rubén Candal, 66′), Manoel Agustini, Paulo Miote, Javier Pazos (Ángel David Núñez, 80′), Damián Pereira, Breno Santos, Godfrey Apeh (David García, 58′), Emanuel Cordeiro (Rodrigo Cor, 80′), Levi Pereira (Domi García, 80′) e Yuri de Menezes.

A Lama S.D.: Iago Antonio Boullosa, Roberto Pillado (Raúl Boullosa, 63′), Saúl Cabana (Yahia Nichami, 46′), Álvaro Crespo, Eloy Rodríguez (Rubén Franco, 42′), Noel Campo, David Domínguez, Iván Piedras, Jorge Barros, Javier Leiva e Kevin Pazo.

Goles: 1-0 Levi Pereira (min. 6), 2-0 Breno Santos (min. 11), 3-0 Levi Pereira (min. 15), 3-1 Saúl Cabana (min.45), 4-1 Godfrey Apeh (min. 48), 5-1 Levi Pereira (min. 66), 6-1 Breno Santos (min. 82).

Árbitro: Xoel Silva Prieto. Amonestou a Godfrey Apeh e Paulo Miote por parte do Moraña. Por parte de A Lama amonestou a David Domínguez, Noel Campo e Jorge Barros.

Compárteo!

Deixa un Comentario