• Empate no tempo de desconto que rescata un punto para os nosos.

Partido correspondente á xornada 24ª do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña recibiu ao U.D.S.M. Deiro.

Novo empate dos nosos que acumulan xa dúas igualadas consecutivas. A primeira metade foi un tanteo entre os dous equipos con ocasións por ambos conxuntos. Ningún dos dous equipos conseguiu abrir o marcador e co resultado de 0-0 chegouse ao final dos primeiros 45 minutos.

Logo do paso por vestiarios, os nosos conseguiron inaugurar o marcador cun gol aos 5 minutos de iniciar a segunda parte. O Deiro conseguiu empatar pouco tempo despois e incluso chegou a darlle a volta cando só faltaban 6 minutos para o final. Todo apuntaba a unha derrota do Moraña pero os nosos conseguiron rescatar un punto valiosísimo no tempo de desconto.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: André García, Gustavo de Aguiar (David García, 68′), Manoel Agustini, Rubén Candal (Ángel David Núñez, 89′), Paulo Miote, Rafael Paiva (Levi Pereira, 68′), Javier Pazos, Damián Pereira, Breno Santos, Ousmane Sene (Godfrey Apeh, 31′) e Emanuel Cordeiro (Anxo Domínguez, 68′).

U.D.S.M. Deiro: Raúl Conde, David Rodríguez, Eloy González, Rubén Pazos, Eddy Insua (José Antonio Fernández, 46′), David Dacosta (David Señoráns, 69′), David Fontán, Pablo Rodríguez, Jonathan Franco (Juan Ramón Vidal, 90′), David Rial e Sergio Paz (Ángel Martínez, 90′).

Goles: 1-0 Rafael Paiva (min. 50), 1-1 Sergio Paz (min. 65), 1-2 Sergio Paz (min. 84), 2-2 Paulo Miote (min. 97).

Árbitro: Borja Gómez Pousada. Amonestou a Gustavo de Aguiar, Javi Pazos e Emanuel Cordeiro por parte do Moraña. Por parte do Deiro amonestou a Eddy Insua, José Antonio Fernández, David Rodríguez e Pablo Rodríguez.

Compárteo!

Deixa un Comentario