-
Os nosos rescatan un punto nos minutos finais.
-
O equipo visitante conseguiu adiantarse en dúas ocasións no marcador, pero o Moraña soubo reaccionar a tempo.
Terceira xornada do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña recibiu ao S.D. Puentearnelas no campo do Buelo.
Partido disputado que se saldou con reparto de puntos entre os dous equipos. Foi o Puentearnelas o que abriu o marcador pouco antes de chegar ao descanso, un dos goles chamados psicolóxicos. Pero os nosos souberon reaccionar ben e non se viñeron abaixo.
Na segunda metade empatariamos o partido logo dun gran gol de Rodrigo. E escasos minutos despois outro golpe dos visitantes poñía de novo o marcador en desventaxa. O Moraña intentou por tódolos medios acadar o empate e conseguiuno preto do final cun penalti transformado por Breno.
Con este resultado, o Moraña sitúase 7º na clasificación.
A vindeira xornada tocaranos visitar Sampaio para xogar contra o Unión Sampayo.
FICHA TÉCNICA
Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Alexandre Souza, Rubén Candal, Paulo Miote (Gustavo De Aguiar, 45′), David García, Javier Pazos, Rodrigo Cor (Domi García, 90′), Damián Pereira, Breno Santos, Ousmane Sene e Dani Fontán (David Pereira, 71′).
S.D. Puentearnelas: Pablo Esperón, Miguel Blanco, Rubén Castelo, Samuel Touceda (Martín Oubiña, 79′), Miguel Castro, Miguel Parada, Adrián Cochón, Iván Pérez, David Ríos (Ramón Vilar, 85′), Teo Rodríguez (Iván Castro, 85′) e Jonathan Mosteiro (Andrés Cacabelos, 64′).
Goles: 0-1 David Ríos (min. 41), 1-1 Rodrigo Cor (min. 65), 1-2 Teo Rodríguez (min. 69), 2-2 Breno Santos (min.87)
Árbitro: Carlos García. Amonestou a Rubén Candal e Ousmane Sene por parte do Moraña. Tamén amonestou a Rubén Castelo, David Míguez, Martín Oubiña e Iván Castro por parte do Puentearnelas.