• Os nosos logran sumar os 3 puntos despois de varias xornadas.

  • Unha boa primeira parte foi suficiente para conseguir a vitoria.

Décima xornada do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña recibiu ao S.D. Monteporreiro no campo do Buelo.

Moraña 2-2 Monteporreiro

Volta ao camiño da vitoria diante do noso público. O Moraña foi superior ao seu rival na primeira metade e demostrouno adiantándose no marcador pouco antes de chegar ao descanso. O Monteporreiro trataba de buscar a portería sacando o balón xogado pero custáballe moito pasar da liña divisoria. E co 1-0 chegábase ao descanso do partido.

Trala reanudación o Moraña logrou ampliar a súa ventaxa no marcador aos poucos minutos do inicio da segunda metade. O doblete de Breno daba tranquilidade no marcador pero só 3 minutos despois unha falta de entendemento entre Henrico e Paulo acabaría con autogol deste último. A partir dese intre o equipo rival fíxose co dominio do esférico, aínda que sen chegar a crear ocasións de perigo real.

Os últimos minutos transcorreron co Monteporreiro tratando de lograr o empate pero co Moraña resistindo ben as súas tentativas. Ao final conseguimos a vitoria despois de varias xornadas sen poder facelo.

A vindeira xornada tocaranos desprazamento a Vilagarcía para o partido contra o Atl. Faxilde.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Rubén Candal, Paulo Miote, David García, Javier Pazos, Damián Pereira (Godfrey Apeh, 63′), Breno Santos, Emanuel Cordeiro, Levi Pereira (Ángel Núñez, 87′), Luis de Matos e Antonio Waldemar (Rafael Paiva, 61′).

S.D. Monteporreiro: Hugo Míguez, Pablo Neira, Sergio González, Pablo González, Iván Jurado (Javier Oubiña, 74′), Xosé Manuel Alonso (Pablo Loureiro, 46′), Raúl Corbacho (Mario Suárez, 46′), Iker Tesouro, Yago Rivas (Diego Rodríguez, 28′), Sebastián Cores e Alejandro Pertusa.

Goles: 1-0 Breno Santos (min. 35), 2-0 Breno Santos (min. 53), 2-1 Paulo Miote (Autogol) (min. 56)

Árbitro: Alba Juncal Ayude. Amonestou a Paulo Miote, Ángel Núñez, Damián Pereira, Breno Santos e Emanuel Carlos Cordeiro por parte do Moraña. Tamén amonestou a Yago Rivas, Alejandro Pertusa e Iker Tesouro polo Monteporreiro.

Compárteo!

Deixa un Comentario