-
Os nosos perden pola mínima ante o líder.
-
A peor noticia foi a lesión do noso xogador Ousmane Sene.
Quinta xornada do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña recibiu ao Xuv. Sanxenxo no campo do Buelo.
Visitábanos o líder da categoría, que gañou ata agora tódolos seus partidos, e os nosos afrontaron o encontro con ilusión, actitude e gañas. O primeiro gol visitante chegou moi cedo, concretamente no minuto 7 á saída dun saque de curruncho. O Moraña dispuxo pouco despois dunha boa ocasión que se estrelou no pao. O tanto do empate chegaría ao transformar Breno un penalti bastante discutido polo equipo visitante. E escasos minutos antes do descanso, o Sanxenxo volveu tomar a dianteira no marcador logo de varios rebotes dentro da área.
Na segunda metade, o Moraña fíxose máis protagonista co balón pero sen chegar a inquietar en exceso ao porteiro visitante. O Sanxenxo, pola contra, decidiu atrasar liñas e buscar os contraataques na busca da sentenza. Ao final o marcador non se moveu máis e acabou con vitoria visitante por 1-2.
Desde o club queremos mandarlle moitos ánimos e unha pronta recuperación ao noso xogador Ousmane Sene, que sufriu unha fractura no úmero durante unha xogada do partido.
A vindeira xornada tocaranos enfrontarnos a domicilio contra a S.C.D. Ponte Caldelas.
FICHA TÉCNICA
Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Gustavo de Aguiar, Alexandre Souza (Domi García, 80′), Paulo Miote, David García, Javier Pazos (Dani Fontán,80′), Damián Pereira, Breno Santos, Ousmane Sene (Rubén Candal, 80′), Emanuel Cordeiro e Godfrey Apeh (Rodrigo Cor, 59′).
Xuv. Sanxenxo: Jesús Juanatey, Miguel Martínez, Jorge Segura, Pablo Piñeiro, Iñaki Baulde, Martín Rey (Iván Mallo, 81′), Diego Fraga (Fernando Abal, 90′), Daniel Dadín (Fernando Garrido, 70′), Jesús Losada (David Outón, 81′), Darío Pato e Diego González (Daniel Iglesias, 70′).
Goles: 0-1 Jesús Losada (min. 7), 1-1 Breno Santos (min. 26), 1-2 Pablo Piñeiro (min. 43)
Árbitro: Pablo Pérez López. Amonestou a Breno Santos, Emanuel Carlos Cordeiro e Alexandre Souza por parte do Moraña.