• Empate contra un rival directo na clasificación.

  • Importante seguir sumando puntos de aquí a final de tempada.

Partido correspondente á xornada 26ª do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña recibiu ao Atl. Faxilde.

Empate con sabor agridoce para os nosos, que suman outro punto pero sen atopar o premio completo. A primeira metade estivo moi igualada, con momentos de dominio repartido e achegamentos perigosos por parte dos dous equipos. A solidez defensiva e a intensidade no medio campo impediron que se abrira o marcador ata o minuto 40 cando Levi poñía por diante aos nosos.

Tras o paso polos vestiarios, o Moraña amosou carácter e xerou ocasións para sentenciar, pero nunha acción aos 5 minutos de comezar a segunda parte, o Faxilde conseguiu o empate. A partir de aí, o Moraña buscou con insistencia o segundo, mentres o rival resistía como podía. Finalmente, reparto de puntos que sabe a pouco para os nosos, que foron superiores en tramos clave do encontro.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Gustavo de Aguiar, Anxo Domínguez (Domi García, 76′), Manoel Agustini, Paulo Miote, Rafael Paiva, Javier Pazos, Breno Santos, Levi Pereira (Godfrey Apeh, 76′) , Yuri de Menezes e Emanuel Cordeiro (Raúl Fernández, 84′).

Atl. Faxilde: Aarón Santamaría, Andrés Mauricio Caicedo, Rodrigo Padín, Alejandro Torres, Ramón Prieto (David Tomé, 76′), Hugo Cascallar (Pedro Lojo, 86′), Borja González (Pedro Arias, 86′), Daniel Rodríguez, David Barcala, Diego Arosa (Iker Otero, 58′) e Fabio Santamaría.

Goles: 1-0 Levi Pereira (min. 40), 1-1 Borja González (min. 50).

Árbitro: Jonathan Barreiro Carballude. Amonestou a Gustavo de Aguiar, Rafael Paiva e Manoel Agustini por parte do Moraña. Por parte do Faxilde amonestou a Aarón Santamaría, Pedro Arias e Fabio Santamaría.

Compárteo!

Deixa un Comentario