-
Os nosos volven perder pola mínima no seu feudo.
-
Toca apoiar para retomar canto antes o camiño da vitoria.
Sétima xornada do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña recibiu ao E.F. Cobres no campo do Buelo.
Comezaba o partido co Moraña dominando a posesión e tratando de chegar á portería rival mediante xogadas enlazadas. Foron 15 minutos iniciais de mover moito o balón e buscando un oco na zaga visitante polo que poder facer dano. De aí en diante a maioría do xogo transcorreu con desprazamentos en longo e buscando un fútbol máis directo.
O Cobres tamén trataba de chegar á nosa portería a través de balóns en longo e buscando os contragolpes. Con todo isto, a primeira metade finalizou sen ocasións de perigo reais, máis alá dun par de intervencións dos porteiros de cada equipo.
Na segunda metade, o Moraña tratou de aproveitar a velocidade do seu dianteiro seguindo a tónica dos últimos minutos da primeira parte. E cando o partido agonizaba, o Cobres logrou filtrar un balón ao espazo e o seu atacante definía ben no man a man. Un duro golpe no minuto 89. O Moraña tratou de atacar á desesperada para lograr o empate pero xa non se movería máis o marcador.
Ultimamente non estamos obtendo os resultados esperados pero hai que seguir intentando cambiar esta mala dinámica e co apoio da afección seguro que chegan máis cedo ca tarde.
A vindeira xornada tocaranos desprazamento a Meis para o partido contra o Zacande F.C.
FICHA TÉCNICA
Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Gustavo de Aguiar, Rubén Candal, Paulo Miote (Levi Pereira, 87′), David García (Godfrey Apeh, 79′), Javier Pazos, Rodrigo Cor (David Pereira, 65′), Damián Pereira, Breno Santos, Emanuel Cordeiro e Antonio Waldemar.
E.F. Cobres: Moisés Poceiro, Pablo Reguera, Adrián Táboas (Abraham Costa, 72′), Aitor García, Borja Piñeiro (Aron Fernández, 86′), Rubén Rosendo, Yago Corredoira, Anxo Paredes, Borja Fernández (Miguel López, 72′), Daniel Vila e Tomás Amoedo.
Goles: 0-1 Rubén Rosendo (min. 89)
Árbitro: Sergio Lorenzo de la Torre. Amonestou a Rubén Candal e Emanuel Carlos Cordeiro por parte do Moraña. Tamén amonestou a Aitor García, Borja Fernández, Alexandre Pastoriza e Daniel González por parte do Cobres.