MERENDERO E MORAÑA, FAN TÁBOAS NO MARCADOR. OS MORAÑESES NOVAMENTE ACUDIRON Á CITA COMO XA VÉN SENDO HABITUAL ULTIMAMENTE COS ONCE XUSTOS PARA INICIAR O ENCONTRO, POSTERIORMENTE CHEGARON SANTI PAZ, SANTIÑO E ESTEBAN QUE POR MOTIVOS DE FORZA MAIOR NON CHEGARON AO INICIO DO PARTIDO. O ENCONTRO PÚXOSELLE MOI DE CARA AOS MARIÑENSES POIS A OS 24 MINUTOS DE XOGO O MARCADOR XA SINALABA UN 2-0, DEBIDO AOS CONTINUOS CAMBIOS QUE OS MORAÑESES TIÑAN QUE FACER CONFORME LLES ÍA CHEGANDO A XENTE, NO MINUTO 45 NICO RECORTABA A VANTAXE E NO 2º TEMPO SANTI PAZ NIVELABA O MARCADOR. O ENCONTRO FOI MOI DISPUTADO E CREMOS QUE O RESULTADO FIXO XUSTIZA PARA O MERECEMENTOS DE AMBOS CONXUNTOS.

Na foto Nico, reconvertido en central é uns dos destacados do encontro.

 

 

 

ALIÑACIÓNS:

MERENDEIRO: Lois; Diego, Daniel Pereira, Blanco, Moldes; Fernando Pereira, Crespo, Barral; Rogelio, Ogando(15’Martinez), Portas.

A.C.D. MORAÑA: Rafa Sierra; Eloy, Nico, Yeyo, Fuentes; Rúa(6′ Esteban), Fernando Núñez, Sayáns, Ventura(15′ Santiño); Velay(7′ Santi Paz) e Pedro.

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 11′,- Xogada de toda a dianteira do Moraña e cando ía a rematar Santi Paz é agarrado dentro da area non señalando o colexiado o posible penalti.

Minuto 15′,- Saque de falta de Fernando Núñez que remata Sayáns ca testa atrapando o porteiro.

Minuto 17′,- Pedro remata a bocaxarro, petando o balón nun defensa.

Minuto 20′,- Saque de esquina de Mauricio enviando o balón a corner Rafa Sierra.

Minuto 21′,- (1-0),- GOOOOOOOOOOL DO MERENDEIRO, Volve a sacar de esquina Mauricio, despexa Rafa Sierra chuegando o esferico o borde da area a Blanco que de forte tiro e colocado bate a Rafa.

Minuto 23′,- Fermosa parede entre Santiño e Santi Paz, con remate final de este último que sale lamendo o poste.

Minuto 24′,-(2.-0),- GOOOOOOOOOOL DO MERENDEIRO, xogada de Rogelio por banda e o seu centro é rematado impecablemente por Diego o fondo da porteria. Esta xogada foi moi protestada por os morañeses pois o parecer cando Rogelio centrou o balón había traspasado a liña de fondo.

Minuto 25′,- Tiro de Mauricio, respondendo Rafa con unha boa parada.

Minuto 40′,- Centro chut do dianteiro do Merendeiro Diego é Rafa Sierra na liña do gol saca o esferico, Diego protestou moito esta xogada pois o parecer o balón había traspasado a liña de gol. 

Minuto 45′,-(2-1),- GOOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA, saque rapido de falta de Pedro sobre Santiño é este cede a Nico que dende o borde da area bate a Lois.

Minuto 47′,- Remate de cabeza de Diego que para Rafa.

Minuto 52′,- Forte tiro de Mauricio respondendo Rafa Sierra con unha bonita intervención.

Minuto 59′,- Contragolpe do Merendeiro que remata Rogelio demasiado cruzado.

Minuto 65′,- (2-2),- GOOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA, Saque de Falta de Fernando Nuñez, rematando Santi Paz é o balón e interceptado ca man por un defensa local. Penalti que tira Santi Paz e marca.

Minuto 73,- Centro de Rogelio e atrapa Rafa Sierra.

Minuto 87′,-Nova casión de Rogelio que deten Rafa Sierra.

Minuto 90′,- Outra vez Rogelio esta a piques de marcar, parando Rafa Sierra.

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés Daniel Blanco Mourelle, con un bó arbitraxe. Ensino tres tarxetas amarelas os xogadores locais, Crespo, Mauricio é Moldes polo Moraña a Santi Paz por desprazar un balón cando o Sr, colexiado xa axubiara.

INCIDENCIAS: Encontro xogado no Municipal de San Pedro, con unhas instalacións en moi boas condicións. Tarde ventosa con unha temperatura moi agradable (19º). Despois do encontro os xogadores do Moraña xuntaronse no Mesón do Parador de Alba.

DESTACADOS: Por o Merendeiro, Martinez, Diego e Mauricio e por o Moraña Rafa Sierra, Santiño, Nico é Santi Paz.   

Compárteo!

2 comentarios

  1. MANOLO FUENTES Y PEDRO on

    Me dice Fuentes que es San Germán, así que felicidades tanto de uno como de otro. Me recuerda que no te olvides de unos cubatas el próximo día´!!!!

  2. Germán Rúa on

    Pues te dijo bien. Lo de los cubatas darlo por hecho, pero para vosotros solos, pues el resto no tuvo el detalle de felicitarme. Gracias.

Deixa un Comentario