NON PUIDO SER, AS LESIÓNS CEBÁRONSE CO MORAÑA VETERANOS


Derrota inmerecida do Moraña en Marín ante o Merendeiro (O-2). Os morañeses non tiveron sorte na tarde de onte, ante un Merendeiro que non se xogaba nada no invite e parecía que se xogaba a vida disputando todas as xogadas con grande intensidade, nalgúns momentos raiando o límite, como aconteceu no minuto 16′ cando un contrario fixo unha entrada terrorífica a Fernando Nuñez e o Sr. Colexiado incomprensiblemente só mostroulle tarxeta amarela. Os morañeses, por dominio, posesión e ocasións nunca deberon perder este partido, só a mala sorte privoulles dunha vitoria, pois cando mellor estaba a xogar chégalle a primeira desgracia ao mister morañés, transcorría o minuto 30′ e Mario Costas, que estaba a pasar por un bo momento de forma e erixíndose no amo e señor do centro de campo, pide o cambio por unha picada na súa perna dereita, pero non rematan aí as desgracias, pois 10 minutos máis tarde Oscar tamén ten ten problemas musculares e aínda que o mister o aguantou no terreo de xogo ata o minuto 60′, non foi o Oscar que coñecemos, pois aínda que o intentou o xogador encontrábase moi limitado fisicamente, pero non rematarían aí os problemas para os morañeses, faltando 5 minutos para o descanso Fuentes tamén ten que saír do terreo con rotura de fibras, non lle podían estar a saír peor as cousas aos do carneiro.
Na foto Mario Costas, uns dos lesionados no partido de onte.
BIOGRAFIA DO ENCONTRO:
 No minuto 3 de xogo esta a punto de marcar Santi Paz, pero o seu disparo sae fóra por pouco, seguían os morañeses levando a iniciativa e no minuto 14′ Roberto lanza un lategazo que rexeita o gardameta local, no 29 Mario Costas lanza outro gran disparo que sae fóra por pouco’, a raíz desta xogada o xogador pide o cambio, no 33′ novamente Santi Paz remata fóra. Os do Merendeiro durante os primeiros 45 minutos non chegaron a inquietar en ningún momento ao gardameta Rafa Sierra.
Os segundos 45 minutos foron moi diferentes, pois os morañeses moi minguados fisicamente e por enriba co vento encontra xa foi outro equipo e no minuto 47 Blanco manda o primeiro aviso cun remate de cabeza que sae fóra, no 53 Santi Paz cun man a man co gardameta e rexeitando o balón, no 62′ Rivero entra polo centro da defensa e ante a desesperada saída de Rafa, báteo por baixo e no 73 Moldes marca o segundo de cabeza ante a pasividade da defensa morañesa’, o o 75′ Oscar puido recortar distancias pero o seu tiro de lanzamento de falta e co porteiro batido o balón pega no pau e no 90′ Nuñez executa outra falta e o balón vai ao longueiro e deteno novamente o porteiro, ver para crer.
 
 
ALIÑACIÓNS:
 MERENDERO.: Dios; Pereira, Omil, Rivero, Pazos(46’Barros); Villaverde, Souto(46′ Moldes), Temprano(27′ Blanco); Miguel, Gago, Fernando. 

MORAÑA C.F.: Rafa Sierra (80′ Vicente); Fernando Nuñez, Toño, Nico, Fuentes (43′ Juan); Yeyo(80′ Roberto), Mario Costa (30? Sayáns), Celso, Roberto(60′ Stoicov); Oscar(80′ Ventura) é Santi Paz.

ARBITRO: Axubioú ou encontro ou colexiado pontevedrés José Luis Tourís Oubiña, realizando un bó arbitraxe, inda que moi protestado por os xogadores morañeses, mostrando tarxetas amarelas os locales Souto é Omil.

INCIDENCIAS: Partido xogado nas instalacións do Campo de San Pedro, de herba sintetica en boas condicións, e tarde primaveral.

Despois do encontro os xogadores repuxeron forzas no Mesón do Mirador de Alba en Pontevedra. 

DESTACADOS: Por o Merendero o seu gardameta e por o Moraña Toño, Nico é Santi Paz.

 

 

ALIÑACIÓNS:

Compárteo!

Deixa un Comentario