O MORAÑA VETERÁNS  ROMPE O SEU MAL REFACHO CUN TRIUNFO ESPECTACULAR A DOMICILIO
O CONXUNTO BERMELLO IMPONSE CON CLARIDADE AO MECOS CON DOUS GOLES DE SANTI PAZ E OUTRO DE ESTEBAN.

O Moraña  retomou a senda da vitoria tras dúas xornadas consecutivas sin gañar cun espectacular triunfo a domicilio ante o Mecos que se decantou do lado bermello grazas aos goles de Esteban e a un dobre anotador de Santi Paz.

Na foto Javier Maté, auténtico protagonista da vitoria do Moraña, con paradas de auténtico luxo. 

A primeira parte foi vibrante de un toma e daca con un Mecos dominante e un Moraña que contraatacaba perigrosamente. Froito destos contraataques mortiferos chegou o primeiro gol do encontro, minuto 45, obra de Santi Paz. O atacante bermello aproveitouse dun xenial pase de Esteban para inaugurar o electrónico tras unha mortífera contra lanzada polos visitantes.

O Moraña era un ciclón co seu futbol de contragolpe é o segundo tanto non tardaría en chegar. Corría o minuto 53, xogada outra vez de un inconmensurable Esteban que mete para  Santi Paz que de tiro raso é cruzado marcaba o segundo gol na súa conta particular.

O Mecos estirou as súas liñas en busca dunha remontada que nunca chegou. Iso si, logrou recortar distancias no marcador, no minuto 75′,  tras unha xogada por banda dereita  con centro de Alvarez que remata ca testa Lois a baixo e pegado a base do poste é o gardameta Maté in extremis estivo a punto de atrapar, chegándo a parar  o balón, pero rebasándo por moi pouco a liña de meta.

O Moraña, pola súa banda, esperaba acazapado en busca de sentenciar o duelo mediante outra contra. Así chegou o definitivo 1-3, minuto 88′,  Ventura toca para Santi Paz é este despois de dibrar a varios contrarios mete para Esteban que ante a desesperada saida do bó porteiro local Alfonso, bateo por baixo.

O mellor do partido foi o gardameta do Moraña Javier Maté, dandolle unha personalidade o equipo espectacular,   con paradas de auténtico luxo, tamén é digno de destacar o gran traballo de Saýans, Esteban que estoubo inconmensurable, Roberto que trouxo pola rúa da amargura a defensa do Mecos  é como non,  como sempre o de sempre,  o Pichichi Santi Paz, estes tres útimos coceron a vitoria.

ALIÑACIÓNS:

MECOS: Alfonso; Muñiz(30′ Gonzalo), Alberto, Otero, Angel(46’Dominguez); Antonio Chaves (30′ Ramón), Martinez, Otero; Lois, Castro é Mario.

MORAÑA C.F.: Javier Maté; Ventura (40′ Mario Costas), Juan, Toño, Fuentes; Yeyo, Sayáns, Celso (20′ Nuñez), Esteban, Roberto (62′ Stoicov, 85′ Ventura)  é Santi Paz.

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés Camilo Castellanos Lusquiños, realizando un excelente arbitraxe, dada a exquesita deportividade de ambos conxuntos non tivo que mostrar tarxetas.

INCIDENCIAS: Partido xogado nas instalacións do Campo As Lampans, en San Vicente do Grove, campo de herba sintetica en boas condicións, en unhas magnificas codicións,  tarde fria, 9º.  Por decisión técnica non saltou o terreo de xogo Rúa.

Despois do encontro os xogadores repuxeron forzas en Cobas “Casa Enrique”

DESTACADOS: Por o Mecos, Gonzalo, Otero, Lois é Antonio Chaves (actual Director Xeral do R.C. Celta de Vigo) é por o Moraña , Javier Maté, auténtentico protagonista do triunfo dos morañeses, Sayáns, Esteban Roberto é Santi Paz.

Compárteo!

Deixa un Comentario