O Moraña Veteranos suma e segue nesta Liga. Cuarta xornada, con visita ao Marcón Dibay e con ausencias e baixas importantes que os morañeses souberon superar para sacar adiante o partido.

Os homes dirixidos polo entrenador-xogador Yeyo este sábado, saíron ao Carrasco a dalo todo, e pronto se fixeron donos do partido, cunha primeira parte de moi bo fútbol que lles permitiu chegar ao descanso cun resultado de 0-2. Estes dous goles foron obra de Santiño. O primeiro marcouno tras un bo contraataque e o segundo, aproveitando un erro da defensa rival e quitándolle ás telarañas á escadra tras un gran regate.

20150928091553Ao pouco de comezar a segunda parte, Iago Castro seguindo fiel ao seu idilio co gol, fixo o 0-3 cun centro-chut dende banda dereita que sorprendeu ao meta rival.

Como ven acontecendo esta tempada, tras estes minutos de bo xogo, os veteranos baixaron o pistón no último tramo do partido. O Marcón reduciu distancias a falta de 20 minutos, mercede ao mesmo erro que persigue a Celso «Pajarín»: unha pérdida innecesaria e estúpida no centro do campo. Agardamos que este xogador reflexione sobre esta circunstancia e traballe para non repetilo

A pesares de ter que loitar e pelexar moito neste último tramo, os puntos viaxaron á Moraña.

Boa liña a que están a levar os Veteranos, agardamos que sigan así.

FICHA TÉCNICA

Marcón Dibay 1 – 3 Moraña C.F.

Xogaron polo Moraña C.F.: Fernando, Yeyo, Mario, Toño, Velay, Nico, Celso, Óscar, Eloi, Santiño, Iago, David Barros e Vicente.

Goles: Santiño (2) e Iago.

Compárteo!

Deixa un Comentario