Mañán mércores día 3 de febreiro, terá lugar a segunda xornada de tecnificación desta tempada, dirixida aos xogadores dos equipos de fútbol 11 que xoguen na demarcación de «medios centros».
Para esta xornada, contaremos cun invitado de excepción, o mediocentro da S.D. Compostela, o morañés Manu Rodríguez que compartirá con todos os xogadores da nosa base a súa dilatada experiencia nesta posición. Dende o Clube agradecemos de todo corazón a súa axuda e colaboración.
Os contidos desta sesión serán:
- Posicionamentos Defensivos
- Posicionamentos Ofensivos
- Basculacións
- Coberturas
- Cambios de Ritmo e Cambios de Orientación
- Iniciación do Xogo, transición e finalización.
A sesión comenzará mañán ás 18:00 no campo de O Buelo. Agardámosvos a todos alí.