Mañán pola tarde, despois do adestramento dos Prebenxamíns, terá lugar a primeira sesión de tecnificación desta tempada que foi aplazada polo temporal. Como xa apuntamos no seu día, esta sesión está dirixida aos xogadores que ocupan a demarcación de Defensa Central.

Os puntos principais nos que se fará fincapé serán:

  • Posicionamento Defensivo
  • Posicionamento Ofensivo
  • Basculacións
  • Coberturas
  • Apoios
  • Profundidade Defensiva
  • Iniciación do Xogo

Agardamos a todos os xogadores desta demarcación no Campo de O Buelo este luns.

Compárteo!

Deixa un Comentario