Os infantiles venceron na mañán de hoxe nun novo encontro de Pretempada, no que o míster Alberto García puido seguir a traballar co equipo de cara ao próximo comezo de Liga, incidindo nos conceptos traballados dos adestramentos e facendo probaturas con todos os xogadores.

Os morañeses seguen na súa liña, facendo un bo traballo e moitos goles, pero tamén encaixando bastante. Traballo pendente neste eido para o míster que de seguro tomou nota.

Os nosos adiantáronse pronto, cun gol de Yoel no primeiro minuto de xogo e de Pereira no 4. Logrou empatar A Seca con dous goles no 21 e no 25, pero Rubén Souto no 29 e Pereira no 38 deixaban o marcador cun favorable 4-2 antes do descanso. Pereira completou o seu hattrick no comezo da segunda parte (min. 42) e Álex no 51 e Pablo Fraga no 59 poñían o 7-2.
Nos últimos minutos, A Seca logrou dos tantos, no 59 e no 80 para deixar o marcador no definitivo 7 a 4.

Nova victoria, pero aínda moito que traballar con este equipo. A seguir nesta liña!!

Compárteo!

Comentarios Pechados.