O Moraña Veteranos non tivo compaixón do Illa de Toralla.


Foto do III irmandamento co Illa de Toralla, abaixo o primeiro pola esquerda o ex-madridista Sanchis.
 

Os morañeses no III irmandamento cos vigueses, iniciou con bo pé o partido disputado no Campo do Futbol do Vao, cunha tarde magnifica para a práctica do fútbol. Os do carneiro non tiveron compaixón dos vigueses, realizando un primeiro tempo extraordinario con futbol de altos quilates capitaneados como non,  polo serbio Goran Djorovic,  que igual que todos os seus compañeiros realizaron un partido extraordinario, non tendo piedad do contrario e figurando nos primeiros 45′ un rotundo 1-4.O   segundo tempo foi moito mais igualado onde se notou a presenza do ex-madridista Sanchis, que nun grande alarde dunha gran preparación fisica e gran técnica levou ao equipo en volándas ata igualar o marcador nun interesantisimo 5-5 é,  no minto 89 Santiño nun contraataque poñería as cousas no seu sitio cun  definitivo 5-6.

Na foto o ex-celtico Luis Dadie (tempadas 1991-94), expectador de excepción no encontro de onte.

Como deciamos ao inicio desta crónica, grande partido de fútbol o disputado na tarde de onte onde xogadores da talle de Sanchis,Goran Djorovic, Javier Maté, Rafa Saez,Fernando Nuñez, o ex-xogador do C.D. Ourense Urbano, Milorad Ratkovich, o ex-director Xeral do R.C. Celta Alfredo Rodríguez e un longo etc., fixeron as delicias ás concorridas bancadas do campo do Coruxo, encontrándose entre os espectadores o ex-xogador do Celta  Dadie

ALIÑACIÓNS:

Illa de Toralla: Edu; Musculitos, Juan Villa, David, Pocholo; Dani, Sanchis, Ballesta, Carlos Reboredo); Emilio Cuña (40′ Quique) e Alfredo Rodriguez.

A.C.D. Moraña: Javier Maté (46′ Rafa Sierra); Rafa Saez(60′ Rúa); Roberto, Fernando Nuñez, Fuentes(20′ Juan); Velay(30′ Nico), Goran Djorovic, Urbano, Ratkovic; Santiño(40′ Brais) e Santi Paz.

Arbitro: Axubiou o  encontro o colexiado vigués Oliveira, estando á altura do encontro,  realizando un partido extraordinario e aplicándo con moi bo criterio sempre a lei da vantaxe.

GOLES:

Minuto 5′,- (0-1),- Goran Djorovic nunha gran xogada persoal con  caño incluido o último desfensor, bate por baixo o gran porteiro Edu.

Minuto 16′,-(0-2),- Fermoso pase de Djorovic a Ratkovic que de forte disparo anota o segundo da tarde.

Minuto 21′,-(0-3),- Santi Paz en xogada persoal.

Minuto 30′,-(0-4),- Novamente Santi Paz, tras unha gran xogada de toda a dianteira morañesa.

Minuto 45′,-(1-4),- Alfredo Rodríguez bate a Javier Maté, tras un gran remate ca testa.

Minuto 55,-(2-4),- Novamente Alfredo Rodríguez, tras un fermoso pase de Alfredo Ballesta.

Minuto 60′,-(3-4),-Musculitos, aproveita un rechace no borde da area, para bater de forte tiro a Rafa Sierra.

Minuto 64,-(3-5),- Como non, o de sempre, Santi Paz culmina unha gran xogada, pra conseguir o seu Hat Trick, e van ………….
Minuto 70′,-(4-5),- Ballesta, aproveitando unha fermosa combinación con Reboredo.

Minuto 86′,-(5-5),- O ex- madridista Sanchis, rouba un balón plantándose só diante de Rafa, o cal bate por baixo.

Minuto 89′,- Contrataque do Moraña con pase final a Satiño que bate o gardameta por baixo.

Despois do encontros os xogadores de ambos equipos, acompañados das súas mulleres,  foron a cear o Restaurante a Pasiva de Vigo, degustando  un espectacular asado. O gran ausente da tarde foi a non presenza do madridista Chendo, por unha inoportuna lesión de última hora.

Aquí vos deixamos unhas imaxes do partido:

[nggallery id=28]
Compárteo!

Deixa un Comentario