Terceira victoria consecutiva da escuadra encarnada.

ALINEACIÓNS:

Moraña C.F.: Diego (Zapa min. 46); Julián, Juan (min. 45 Fumega), Jhon, Toné; Lois, Roberto, Ferrón (min.45 Martín), Bairon; Jesús y Zaca.

Xeve C.F.: Daniel, Crespo, Malvar (min.70 Sanmartín), Pacheco, Casal; Guerra, Novegil, Fontan (min.43 Otero), Viñas; Diego y Rubén.

Árbitro: Carlos Leirós Brea do colexio pontevedrés que realizou un regular arbitraxe a pesar de co partido era moi doado, sacou cartóns amarelos polo Moraña C.F. a Bairon (min.24), Julián (min.68) y Martín (min.69) e polo Xeve C.F. a Viñas (min.83).

Campo: Municipal de Mirallos, tarde soleada e terreo de xogo en perfectas condicións.

Goles: 1-0 min. 11 Lois;2-0min. 21 Zacarías;3-0 min.25 Bairon;4-0 min.32 Jesús; 5-0 min.55 Jhon;6-0 min. 60 Lois e 7-0 min. 70 Zacarías.

Partido desigual o disputado na tarde de onte no municipal de Mirallos, onde o equipo local demostrou dende o principio unha superioridade aplastante ante un moi débil Xeve C.F. moi mermado polas baixas.

O partido escomezou cun Moraña C.F. dominando o partido e encerrando os visitantes no seu campo e así nos primeiros dez minutos de encontro tivo catro ocasións de gol moi claras que Bairon e Zaca non acertaron a convertir.

Sería polo min. 10 cando Lois aproveita un centro de Zaca dende a banda esquerda para rematar a rede.

A partir do gol o dominio local seguiu sendo total e entre os minutos 20 e 35 caeron tres goles mais na rede visitante sería primeiro Zacarías no 20 , logo Bairon no 25 e por último Jesús o que cerraría a hemorraxia de goles morañeses na primeira parte.

Na segunda metade o adestrador local realizou tres trocos no descanso saindo o cancerbeiro Zapa por Diego e os centrales Martín e Fumega, que volvía os terreos de xogo despois dunha lesión de larga duración, por Juan e Ferron, os trocos ocasionaron un cambio de sistema e o equipo local pasou a xogar con tres no fondo e dous carrileros, a verdade que isto non se notou no devenir do encontro, xa que a superioridade morañesa seguiu sendo manifesta, e así regalaron 3 tantos mais a sus afeción, primeiro Jhon a salida dun corner e logo Lois e Zaca en dous contragolpes cerraron o 7-0 final.

Destacar polo Moraña a actuación de Lois e Zaca con dous tantos cada un e a verdad que polo Xeve só podemos destacar ó dorsal 9 Diego que polo menos peleou e intentouno ainda que sin sorte.

Compárteo!

Deixa un Comentario