Germán Rúa Díaz xa exerce para todos os efectos como novo presidente do Moraña., C.F. onte luns foi proclamado pola asemblea con 82 votos a favor, en cotra cero e abstencións cero é, xa se fixo efectivo o traspaso de poderes. Jordi Carrasco deixou paso, con enorme alivio, ao seu sucesor e tamén se configurou na súa maior parte a nova xunta directiva, composta por algúns dos que estaban na anterior e por moitos que chegan novos, aínda que algúns deles xa coñecen perfectamente de que vai estes de xestionar un club pois formaron parte de directivas anteriores. No encontro de onte, ademais de realizar o trámite do traspaso de poderes, xa se esta pensando na planificación da tempada e a configuración do traballo a realizar, establecendo prioridades. Quedando soamente pendente o nome dos novos directivos que o presidente xa ten, pero que de momento non quixo desvelar, comprometéndose nesta mesma semana dar os os nomes así como os cargos que van desempeñar.


O novo dirixente do Moraña ten claro que non poden encontrarse dentro dun tempo na mesma situación de Yordi Carrasco, o seu Secretario Aquelino e Millán, as tres persoas que levaron gran parte do peso da xestión dos dous anos de mandato, o que lles supuxo un gran desgaste. Os que agora pasan a dirixir o club queren establecer unha clara repartición de áreas (deportiva, económica, social, canteira…) con varias persoas en cada unha delas. E aínda que exista unha coordinación por parte do presidente e as persoas con máis peso específico da xunta, esas áreas deberán ter certa independencia para que dese modo o desgaste sexa moito menor e ao mesmo tempo buscan que non se concrete a xestión e as decisións en só dous ou tres persoas.

 
 
 
 

 

 

 

 

Na foto o novo Presidente do Moraña., C.F. vestindo a camiseta do Moraña Veteranos.

A reunión de onte foi o punto de partida do novo proxecto e serviu para programar o traballo, que hoxe mesmo comezarán a realizar os directivos tendo como prioridades o apartado económico e o deportivo. O tempo aprema e sabemos de moi boa fonte que o Presidente xa esta en negociacións cunha persoa de recoñecida fama no mundo fútbolistico e gran prestixio profesional, da cal xirará toda o area deportiva e de non se torcer as negociacións será unha gran noticia para toda a afección morañesa. Tamén estan contactando cos xogadores do primeiro equipo para o incio da pre-tempada. No apatado economico a nova xunta directiva xa se esta movendo para a busca de apoios económicos, pois actualmentes as arcas estan practicamente vacias, pois segundo a Asemblea de onte soamente existe en caixa un saldo de 357,-€.por o que se antolla agora un aspecto crave e o traballo prioritario que debe facer a nova directiva. O novo Presidente no seu discurso aos socios, deixo claro que a canteira vai ter un trato moi especial, así como remoderar as instalacións do campo de Mirallos, actualmente moi deteriorado, tamen puxo como obxectivo o ascenso do Moraña., C.F., actualmente na última categoria do fúbol español.

 

9 Comentarios
Compárteo!

Deixa un Comentario