Nunha tarde primaveral xogouse, no campo do Salgueirón, un bonito encontro entre os dous equipos; sobre todo, pola emoción do resultado.
Na primeira parte o partido estivo dominado e controlado polos de Arcade, de aí o 3 – 0 co que se chegou ao descanso.

Na foto Mario Costas, que ante a ausencia de Germán Rúa, fixo de adestrador.


? 1 – 0 : Min 24, xogada da dianteira do Arcade e Santiago de tiro cruzado marca un fermoso gol.
? 2 – 0 : Min 35, Yeyo anda un pouco lento e Óscar aprovéitase; roubándolle o balón salva a saída de Maté e marca a pracer.
? 3 – 0 : Min 43 , Saca de esquina José Emilio e David no segundo pau remata a pracer.
Na segunda parte xa foi outra cousa. No descanso o míster do Moraña (Mario Costas), a pesar de ter só dous recambios, soubo motivar aos seus e, o equipo, saíu enchufado e foi a por todas.
? 3 – 1 : Min 14, falta que saca Núñez para Óscar que a coloca para que o porteiro non poida facer nada.
? 3 – 2 : Min 18, tiro de Santi Paz que rechaza na defensa, recupera Santi e pasa a Óscar que tira rechaza o porteiro e Santi, moi atento, aproveita para marcar.
? 3 – 3 : Min 27 Contragolpe do Moraña, Santi vaise por velocidade e cruza ao fondo da rede, marcando o 3º gol e a remontada.
? 4 – 3 : Min 30, xogada de Juan que cede para que Antonio, de forte disparo, bata a Maté.
? 4 – 4 : Min 35, Saca Falta Óscar e, despois dunha serie de rechaces dentro da área do Arcade, Toño envíe ao fondo da rede, o que supoñía o empate definitivo.
ALIÑACIÓNS:
ARCADE : Ángel, David, Jorge, J. Francisco (Martín min 46), Santiago, David (Fermín min 26),
Juan, José (José Emilio min 26), Sergio, Antonio, Óscar.
MORAÑA : Maté , Stoikof ( Ventura min 31), Yeyo, Toño, Fuentes, Nico, Núñez, Esteban,
Óscar, Celso (Velay min 31) e Santi
ÁRBITRO: Rei Fierro, moi ben; non tivo que amosar cartóns, dada a deportividade dos dous
equipos.
Destacados:
ARCADE : Jorge , Antonio e Juan.
MORAÑA: Na 2ª parte todos , en xeral ; sobre todo, os goleadores Santi (2), Óscar e Toño.

Compárteo!

3 comentarios

  1. O que pasou na primeira parte é que o mister accidental Mario Costas non fixo caso as indicacións do mister Germán e de ahí o resultado.
    No segundo tempo cambiou a táctica ofensiva que practicamos todos os sábados seguindo as indicacións teléfonicas do mister dende as Américas e de ahi o resultado final.
    CONCLUSION: Mario Costas quédache moito que aprender como mister de veteráns de Germán.

  2. Non coincido contigo. Eu penso que Mario soubo sentar a Celso, para que se enterase de que se non poñía as pilas iríase outra vez ao banquiño. Celso foi outro na 2ª parte. Iso teno que facer máis a menudo o míster titular.
    CONCLUSIÓN: ¡¡¡Celso tes que arrimar máis o ombro!!!!!

  3. mario costas on

    sin querer entrar en polémicas, tendo en conta a responsabilidade que me deixou o mister rúa, quero agradecer a todos os compañeiros o compromiso e a capacidade de reacción que tuvestedes o sábado. ben certo que na primeira parte estuvemos perdidos, ainda así tivemos algunha que outra ocasion para marcar e contando que os goles do arcade viñeron por despistes e non estar metidos no partido.
    a segunda parte foi outro partido totalmente diferente.dominamos e fomos donos do encontro e por eso agradecer a todos ese cambio de actitud e o compromiso. de aí veu o punto que nos levamos.

    celso, sinto que tuvera que cambiarche á media hora de partido e quizais che prestou porque na segunda fostes outro totalmente distinto.
    agora toca sumar este sábado, ou sí… ou sí.

Deixa un Comentario