O adestrador do noso Primeiro Equipo, Fabio Oliveira foi galardonado no Día do Adestrador que organizou o Comité Galego de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol o pasado sábado na Cidade da Cultura de Galicia.

Fabio foi recoñecido como adestrador destacado da Primeira Galicia grazas ao traballo realizado no noso Clube e que valeu o ascenso á Rexional Preferente por primeira vez na historia do Clube. Un recoñecemento a todo o acadado nestes anos, e un premio a todo o feito a pasada tempada.
Noraboa Fabio!!

Compárteo!

Deixa un Comentario