Deixamos nesta entrada da web os encontros que as distintas categorías do Moraña C.F. van a disputar esta fin de semana:

  • A xornada do sábado comeza cos Benxamíns, que viaxan a Cangas para xogar no Campo do Morrazo ante o Alondras C.F. ás 10:00.
  • Ás 11:30 os Prebenxamíns xogan en Monte Redondo a Primeira Eliminatoria da Copa Deputación ante a E.D. Arousa S.D. O encontro comezará ás 11:30.
  • Tamén ás 11:30, os Cadetes reanudarán o partido aplazado no seu día por néboa ante o Armenteira C.F. no Leixo (Armenteira)
  • Os Infantiles xogan ante o Salgueiriños «B» no Buelo a partir das 12:00
  • Na Liga de Poio, os Biberóns xogan no Pavillón de Lourido ás 12:20 ante o C.D. Soutomaior
  • Ás 16:00 na Reiboa (Poio) os Veteranos xogan ante o CFV Combarro
  • Xa o domingo pola mañán, os Alevíns xogarán ás 12:00 no Berdón ante o Vilagarcía «B»
  • O Primeiro Equipo xoga no Cruceiro (Dorrón) ante o Dorrón C.F. ás 17:00

Ademáis destes encontros, xogaránse no Buelo dous encontros na tarde do sábado:

  • 16:00 horas A Rula – Bocateria Don Pincho Barro
  • 18:00 horas Castañal – Mas que Coches

Moita sorte a todos!!

Compárteo!

Comentarios Pechados.