O vindeiro 19 de Marzo, unha selección de xogadores veteranos do Moraña C.F. van a realizar un encontro de irmandade co F.C. Galicia, Clube de Veteranos da cidade suiza de Berna. Este equipo, capitaneado polo morañés Roi (residente en Suiza na actualidade) chegará en avión do día 18, e só estarán connosco ata o día 21.

O encontro terá lugar no Buelo o 19 de Marzo ás 12:00 horas. Tralo mesmo, terá luigar unha comida de irmandade entre os dous conxuntos. Tanto no encontro como na comida está confirmada a presencia do Alcalde do Concello de Moraña D. José Cela.

O F.C. Galicia traerá unha convocatoria con xogadores na súa maioría galegos, aínda que tamén hai portugueses e dous italianos.

O míster do Moraña C.F. Veteranos, Germán Rúa, anunciou xa unha primeira convocatoria á que se poden sumar reforzos de última hora:

PORTEIRO: Fernando.

DEFENSAS: Lamiño, Ventura, Poldo, Juan, Fuentes.

MEDIOS: Manu, Sayans, Iaguito, Celso Diz e Manuel.

DELANTEROS: Pedro, Chevi, Velay, Stoikov, Nico, Sito, Pichi Andion, Zacarias.

Non o perdades!!

Compárteo!

Deixa un Comentario