.

 O Moraña dalle o primeiro sorbo a copa.

Un hat-trick dun espectácular Zaca dalle o triunfo ó equipo local.

Alineación:

Moraña C.F.: Diego; Julián, Juan, Martín, Toné; Santomé (min.64 Lois), Lopi (min.46 Lopi), Roberto, Bairon (min.73 Alex); Ferrón (min.53 Matías) y Zacarías

C.D. Arcade: Borja; Obelleiro, Pazos, Rubén, Lago (min.49 Crespo); Junior, Aitor, Couñago, Aljan; Nordine El Arfaqui y Aitor.

Árbitro: Sr. José Joaquín Baltasar González do colexio pontevedrés, non mostrou ningún cartón realizando unha notable arbitraxe.

Campo: Municipal de Mirallos, noite fría e terreno de xogo en perfectas condicións para a práctica do fútbol.

Moi bo partido o disputado na noite de onte no Municipal de Mirallos polo equipo local e o C. D. Arcade.

Os da terra do carneiro saltaron ó campo moi enchufados e indo desde o minuto 1 a polo partido creando varias ocasións de perigo a mais clara unha internada de Zaca pola banda dereita cun pase atrás que Ferrón no punto de penalti e libre de marca non foi capaz de rematar.

A pesar de que o Moraña empezou moi enchufado no minuto 10 de partido e despois dun saque de esquina Pazos libre de marca no segundo pao enviou o balón a rede da portería defendida por Diego, os morañeses lonxe de virse abaixo subiron ainda máis a sua presión sobre un C.D. Arcade que intentaba ter a pelota pero duraballe menos ca un caramelo a porta dun colexio, e duas rápidas contras tras sendas recuperacións de balón sobre a defensa contraria ocasionaron os dous tantos que lle deron a volta ó eléctronico, o primeiro un mal despexe do central Lago que pegou en Zaca e foise á rede, e o segundo despois dun roubo de balón no costado dereito, chegoulle o coiro a Zacarías que dende a frontal sacou un zapatazo que se colou pola escuadra dereita da portería defendida por Borja. De ahí o descanso só houbo un equipo no campo o Moraña C.F. que poido aumentar a sua conta en varias ocasións.

Na segunda metade e cos cambios a escuadra morañesa, dedicouse a nadar e gardala roupa, o Arcade colleu a iniciativa debido ó resultado pero alá polo minuto 72 un espléndido Zaca foise de 3 contrarios e sobre a saída de Borja cruzou o balón o fondo das mallas, esta foi a sentencia.

De todos modos o Arcade intentouno pero só asustou ós de Iván Conles nos últimos cinco minutos en duas xogadas a pelota parada.

Destacar polo equipo locatario o gran partido do “matador” Zaca, autor dos tres tantos da noite, tamén realizou unha gran faena o lateral Toné, que se encontra nun gran momento de forma e Bairon que aportou moito desborde en banda izquierda e un gran traballo defensivo. Polo equipo visitante destacar o centrocampista zurdo Couñago.

Compárteo!

Deixa un Comentario