-
Nova derrota a domicilio que nos afasta dos postos de ascenso.
-
Ata 4 penaltis se sinalaron no encontro.
Xornada 22ª do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña visitou Vilaboa.
Mal resultado o colleitado polos nosos no seu partido contra o Cobres. Os locais conseguiron ventaxa moi cedo logo de transformar un penalti no minuto 2 e poñer o 1-0 no marcador. Foi o primeiro dos 4 penaltis sinalados no partido cun balance de 3 penas máximas sinaladas a prol do Cobres e 1 para os intereses do Moraña. Con este resultado de 1-0 chegouse ao final da primeira parte.
Trala volta do descanso, os nosos conseguiron darlle a volta ao marcador co gol de Gustavo nada máis comezar a segunda metade e outro de Breno de penalti cando corría o minuto 75. Pero só 2 minutos despois, un novo penalti a favor do Cobres poñía o 2-2 no marcador. E xa no minuto 85 un novo tiro desde os 11 metros a favor do equipo local acababa poñendo o 3-2 definitivo no marcador.
FICHA TÉCNICA
E.F. Cobres: Moisés Poceiro, Pablo Reguera, Adrián Táboas, Antón Arosa, Mateo Piñeiro, Miguel López (Rubén Rosendo, 54′), Arón Fernández, Anxo Paredes (Yago Corredoira, 54′), Borja Fernández (Lucas Filgueira, 90′), Daniel Vila (Aitor García, 65′) e Iván Carballo.
Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Gustavo de Aguiar, Anxo Domínguez (André García, 92′), Paulo Miote, David García, Javier Pazos, Damián Pereira, Breno Santos, Raúl Fernández (Ángel David Núñez, 60′), Domi García (David Pereira, 80′) e Ousmane Sene.
Goles: 1-0 Mateo Piñeiro (min. 2), 1-1 Gustavo de Aguiar (min. 48), 1-2 Breno Santos (min. 75), 2-2 Mateo Piñeiro (min.77), 3-2 Rubén Rosendo (min. 85).
Árbitro: Adrián Tesouro Sánchez. Amonestou a Borja Fernández, Daniel González, Yago Corredoira e Antón Arosa por parte do Cobres. O amonestado por parte do Moraña foi Javi Pazos.