Tarde para esquencer a que viviron hoxe os nosos alevíns na súa visita a Monte Redondo. O equipo de Juan López chegaba a esta cuarta xornada co pleno de puntos tras vencer os seus tres primeiros enfrontamentos, pero con varias baixas que só lle permitían contar con 14 xogadores.

Este equipo, que nos ten mal acostumados, non atopou no día de hoxe nin o seu ritmo nin o seu fútbol, sendo superado polos arousanos en todo momento, e destacando na mala defensa do balón parado, xa que catro goles chegaron dende o córner.

Agardamos que esta derrota espolee a este equipo e que volvan pronto á senda da victoria, xa que condicións e ambición non lle faltan. Que lles sirva de exemplo de que sen actitude, en fútbol, nada se pode lograr.

Moito ánimo aos alevíns, a seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

E.D. Arousa 8 – 0 Moraña C.F.

E.D. Arousa: Victor José, Marcos, Gabriel, Mateo L., Daniel, Miguel, Mateo F., Jorge, David, Iker, Rodrigo Ygor, Alexander, Laura, Marcos, Edgar.

Moraña C.F.: André, Alex, Anxo, Fontán, Amestoy, Domi, Lucas, Pablo, Mateo, Damián, Rubén, Álvaro, Jonathan, Sergio.

Compárteo!

Deixa un Comentario