Estamos emocionados de anunciar que este domingo, 13 de outubro, ás 12:30, o noso equipo feminino de fútbol 7 fará o seu debut oficial! A cita será no campo de O Buelo, e invitamos a toda a afección a unirse para apoiar ás nosas xogadoras neste momento tan especial.
Despois de meses de preparación e adestramentos, as nosas futbolistas están listas para mostrar o seu talento e a súa paixón por este deporte. Non perdas a oportunidade e acude a animar!