Os Alevíns do Moraña xogaron na tarde de onte unha apaixoante eliminatoria de Copa no Pombal ante o Juv. Cambados. Os rapaces de Juan López viaxaron a este encontro con varias baixas, e tiveron que tirar do benxamín David para reforzar ao equipo. Trece xogadores conformaban a convocatoria.

O encontro foi desputadísimo, e moi condicionado polo vento. Os nosos xogaron a primeira parte en contra do aire, o que lles facía moi difícil sacar o balón e favorecía a presión alta do Cambados en campo morañés. Só en accións puntuais se logrou sacar o balón xogado e chegar con opcións a campo contrario, pero nunca con acerto. O Cambados inquietaba, pero tampouco xeraba perigo claro salvo no balón parado, sobre todo nos córners, dos que sacou moitísimos nestes primeiros 35 minutos. Os nosos defenderon ben estas accións.

O único gol do partido chegou no minuto 27 da primeira parte. Noel recibe de espaldas no área, o seu marcador non lle permite xirar, pero él golpea un balón bombeado de espaldas que entra polo pao largo. Este gol non fixo decaer aos nosos, que seguiron pelexando con forza.

Tralo paso polos vestiarios e co aire a favor, o Moraña cambiou o esquema, pasando a xogar con 1-4-1-4-1, buscando presionar máis arriba e buscar o gol da igualada. Tivo varias opcións para logralo, pero Nuno, o porteiro local, amosou unha gran tranquilidade e condicións. Esta segunda parte estivo baseada nun Moraña volcado ao ataque e un Cambados que xeraba perigas contras. Nunha delas parecía que chegaría o segundo, pero o balón tras dar no longueiro, bota na liña e sae.

Pese aos esforzos dos alevíns, non lograron igualar, e o 1-0 déixaos fóra desta Copa Deputación. Noraboa a estes xogadores que deron todo o que tiñan no campo, xogando un bo partido e, como sempre fan, competindo a gran nivel.
Moito ánimo e a seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

Juv. Cambados 1 – 0 Moraña C.F.

Juv. Cambados: Nuno, Sergio, Aarón, Vicente, Gabriel, Alberto, Diego, Miguel, Ricardo, Xabier, Noel, César e Carlos.

Moraña C.F.: André, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Yoel, Domi, David, Amestoy, Rubén, Mateo, Lucas, Alex e Óscar.

Goles: 1-0 Noel (min. 27)

Compárteo!

Comentarios Pechados.