Estimados socios/as:

Comunicarvos de que estamos cos preparativos para iniciar a próxima tempada 2021/2022. O motivo desta carta é a de poñer no voso coñecemento a folla de ruta que temos programada e imos seguir:

  • EQUIPO SENIOR.- O equipo Sénior 1ª Rexional comeza os adestramentos o 30 de Agosto e a liga iniciarase o 17 Outubro 2021. Fará a presentación oficial, coas novas incorporacións, o día 26 de Setembro ante a afección contra o Barro C.F. (2ª Rexional) no campo do Buelo, ás 17:00 horas.
  • HIMNO MORAÑA C.F..- Nesta mesma data, 26/09/21, ás 20:00 horas, na Carballeira de Santa Lucía, celebraremos un fito histórico para o MORAÑA C. F. que será o de presentar ante a afección o anhelado HIMNO DO MORAÑA C.F.. Informarvos de que, tanto a letra como a música, foi composta polo gran grupo musical galego “A RODA”, que será o encargado de facer esta presentación. A súa actuación durará, aproximadamente, unha hora e media.
  • FÚTBOL BASE.- Os adestramentos iniciaranse, aproximadamente, sobre o 20 de Setembro; a liga, segundo a Federación Galega de Fútbol, a partir de mediados de Novembro, e sempre cumprindo os protocolos de saúde.
  • COTAS SOCIOS/AS.– Dado o pouco tempo de que dispoñemos, e a necesidade de facer pagos de fichas (mutualidade) e outras taxas, vémonos na necesidade de, nos próximos días, pasar as cotas da tempada 2021-22 aos socios/as que teñan domiciliado o seu recibo, así como o socio colaborador e patrocinador . Agradeceriamos que os demais socios/as, (salvo os pais/nais do Fútbol Base, que de momento non sabemos cando se porá en marcha) fixesen o pago en calquera das seguintes entidades e contas do Club ou directamente nas oficinas:
    • – LA CAIXA: Nº Conta ES 61 2100 6025 4602 0000 6310
    • //ABANCA: Nº Conta ES 41 2080 5106 7130 4000 5540
      No recibo deberá poñer:
      Concepto: Cota socio/a tempada 2021-22
      Ordenada por: nome e apelidos do socio/a
      Cota: 55 €
      En canto as cotas dos asociados colaboradores e patrocinadores, pasaranse as acordadas. Unha vez feito o pago, os carnés serán enviados por correo. Sentimos ter que actuar con esta premura pero a situación non é doada, tanto a nivel sanitario e social como económico.
    • Entendemos de que se trata dun esforzo significativo para todos os socios/as e, sen dúbida, paga a pena gozar do noso querido Club da mellor maneira posible.
      Agradecervos de antemán a comprensión e apoio que sempre nos brindastes.

A Xunta Directiva

Compárteo!

Deixa un Comentario