O Moraña CF volta a Primeira Rexional na 23/24 e o encargado de dirixir ao equipo esta nova tempada será César Sánchez. Conta con ampla experiencia como adestrador en equipos de fútbol base, preferente e 3ª división . Nacido en Pontevedra, donde reside actualmente. Resaltar que pasou parte da sua infancia en Moraña, xa que o seu pai exerceu como médico na nosa vila.
Moita sorte César, a tua sorte será a nosa! 

Por outro lado, agradecémoslle ao noso querido Fabio Oliveira a sua dedicación, esforzo e compromiso co noso clube. Nos nosos 54 anos de historia foi o único mister que logrou levar o Moraña CF dende a 2* rexional a Preferente Autonómica. Desexámoslle a mellor das sortes nos seus próximos proxectos.

Compárteo!

Deixa un Comentario